Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xandre: un conto en liña galego, adaptable e accesible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xandre: un conto en liña galego, adaptable e accesible

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/02/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xandre.jpgA Rede non sempre é unha Rede. Ás veces, cando se impón sobre calquera outra cousa o peso do estritamente dirixido á maioría, aparéceselle ás minorías coma o seu contrario: unha estrada sen acceso nin saída. Isto non é aplicable á web galega da que imos falar de contado, unha páxina posta en marcha polo grupo TADEGA e que se sitúa a medio camiño entre un conto virtual e un foro de experiencias arredor dese conto e da accesibilidade dixital mesma. Falamos da proposta Contos de Xandre, un sitio en liña que baixo o epígrafe Xandre, o elefante sen sombra diríxese a pór de manifesto entre a comunidade internauta a seguinte realidade: non todos os seus usuarios están na mesma disposición para facer uso igualitario dos seus servizos, propostas e equipamentos. Porén, e para que se entenda, os Contos de Xandre si que o está, de aí que todo o que aparece nela, o conto en si mesmo, sexa cen por cen adaptado e accesible para nenas e nenos con diversidade funcional. De feito, dispón de braille, lingua de sinais, pictogramas, audios, vídeos e outras canles e formatos.
A web, que como dixemos inclúe o miolo dun relato (o do elefante Xandre) e unha relación ben completa das experiencias e das reaccións xurdidas ao seu abeiro, tamén achega recursos didácticos e pedagóxicos desenvolvidos nos fogares e nas escolas a través do seu emprego. Segundo nos conta o equipo de TADEGA, responsable da páxina web, trátase dun conto aberto a diferentes variacións segundo as características do usuario, o que significa que está feito de maneira que poida ser usado por calquera persoa con independencia das capacidades ou discapacidades que lle afecten. A proposta xira arredor de Xandre, un elefante que non dispón de sombra por ter nacido distinto (conta con trompa na cabeza e non a cariña como os demais) pero que goza da sorte de ter unha nai que mira por el e que procura por todas partes (ata na Web) unha solución para o seu fillo, non a restitución da trompa, senón da sombra que debería ter como todos os demais seres vivos. “Hai un paralelismo vivo entre esta historia e milleiros de historias de persoas con diversidade funcional, das súas familias e das súa comunidades educativas”, coméntanos Xoán Fernández, da asociación responsable deste desenvolvemento.
Por certo que está previsto que o conto, que polo de agora só pode ser visitado virtualmente (a través do computador), dispoña en breve dun emprazamento non dixital, en papel. Así nolo contan os seus responsables: “Andamos á procura dunha editorial que se entusiasme co proxecto e queira convertelo en libro, reto nada doado polas esixencias da accesibilidade, pois tería que ir en braille ademais de en tinta, e posiblemente algo máis”. A idea, con este novo reto, é conseguir que a mensaxe de redes no discriminatorias cale o máis fondo posible, preparando a porta de entrada ás mesmas e espallando a mensaxe en todo o que foi previo á creación das mesmas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?