Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple lanza ofertas de emprego para abrir tendas propias en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple lanza ofertas de emprego para abrir tendas propias en España

Raquel Noya
Publicado: 09/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Apple_stores.jpgNon contentos coas preto de 300 tendas que teñen espalladas por 10 países de todo o mundo, os directivos da multinacional tecnolóxica Apple, para alegría de todos nos, veñen de anunciar que teñen intención de abrir en España as súas primeiras tendas propias, que está previsto que se instalen en Madrid e Barcelona, aínda que non é seguro ao cen por cen xa que a única pista que nos leva a estas cidades é que será nelas onde se fagan as entrevistas de traballo. E como todo negocio precisa de persoal que o atenda, a compañía colgou a pasada semana na súa web unha oferta de emprego para cubrir os distintos perfís profesionais que precisan as Apple Retail Store, é dicir, as populares tendas da compañía da mazá. Logo de varios meses (para algúns demasiados) de especulación e incerteza, a empresa de Steve Jobs vén de iniciar o proceso de selección de profesionais para cubrir os distintos postos que requiren as novas tendas no noso país, porén non se sabe con certeza a ubicación exacta das mesmas. As Apple Retail Stores, que presumen de ser “algo máis que tendas”, comercializan todos os dispositivos, accesorios e software da compañía de Jobs e é posible que coincidan a súa estrea en España coa chegada do tablet iPad ao noso país. Os postos que a compañía precisa cubrir nun primeiro momento van dende Asesor de empresas ata Especialista de inventarios, pasando por Asistente do Store Manager e Creativo. Asemade, os responsables do proxecto inclúen para as tendas de España un posto que non hai nas Apple Shops actuais, que é o de Genius. En total, barállase unha cifra de 50 postos de emprego que Apple precisa cubrir para a apertura das súas tendas en España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?