Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Norton conmemora o Día da Seguridade na Rede con consellos para evitar o calote en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Norton conmemora o Día da Seguridade na Rede con consellos para evitar o calote en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

norton_campana_seguridade.jpgDúas mulleres, non moi introducidas nos convencionalismos do marketing, tratan de venderlle á comunidade internauta a tarxeta de crédito perfectamente operativa dun internauta caído nun calote. Mentres, un ladrón motorista, logo de ofrecerlle sexo en liña a un rapaz dende detrás duns arbustos, aproveita para roubarlle a carteira e os seus datos persoais. Estas tentativas comerciais de tirar proveito dos incautos en liña, que malia a esaxeración e o uso de estereotipos teñen un aquel de verdade, son a base da campaña comercial e informativa que está a desenvolver a firma Norton na Rede con motivo do Día da Seguridade na Internet que se celebra este martes.
A iniciativa, orientada a poñer de relevo a importancia de levar a cabo na Rede as mesmas medidas de precaución contra roubos e suplantación que levamos na vida non dixital, acompáñase dunha serie de consellos que a empresa considera fundamentais para levar a cabo unha navegación segura e sen que se teña que caer nas trampas de sempre e con anzois que, malia os cambios que imprime a actualidade, son recoñecibles de xeito doado en case todas as situacións.
Estas son as liñas a seguir:
· Cómpre non abrir correos electrónicos ou documentos adxuntos sospeitosos.
· Cómpre non responder a correos electrónicos que soliciten información persoal.
· Empregar unha solución de seguridade actualizada dun vendedor acreditado achegada a través dunha canle fiable.
· Denegar o acceso dunha aplicación a Internet agás nos casos en que haxa confianza total sobre a autenticidade e seguridade do dito sitio.
· Asegurar con contrasinal unha rede sen fíos e non permitir que equipos anónimos acceden á rede domestica propia.
· Non achegar información sobre tarxetas de crédito a sitios pouco seguros.
· Empregar un sitio de valoracións de sitios web para comprobar se unha páxina ten risco antes de visitala.
· Examinar polo miúdo as contas bancarias e as tarxetas de crédito que nos son propias para detectar transaccións perigosas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?