Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro da RDSI de Sada supera o milleiro de persoas inscritas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro da RDSI de Sada supera o milleiro de persoas inscritas

Raquel Noya
Publicado: 09/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

RDSI_sada.jpgOs Centros de Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Moaña, Bueu, Vilasantar e Sada, veñen de facer balance do traballo realizado en prol da inmersión da sociedade galega nas TIC en cadansúas localidades en xaneiro e o resultado foi moi positivo, destacando por enriba das demais o da aula de Sada, que supera xa o milleiro de usuarios e usuarias.
No pasado mes na comarca do Morrazo en concreto (nas aulas de Bueu e Moaña), impartíronse un total de 9 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 45 persoas e que se estenderon ao longo de 66 horas.
En Vilasantar, a actividade non foi menos e en xaneiro leváronse a cabo dous obradoiros tecnolóxicos que se estenderon ao longo de 11 horas.
Os obradoiros impartidos foron Presentacións: Impress e Comunidades sociais: Tuenti, Facebook… estes cursos, xunto coas ducias de distintos obradoiros impartidos ata a data de hoxe, poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede en tódolos seus centros.
O centro sadense, pola súa parte, volveu superar en xaneiro os 1.000 usos mensuais. Este mes, asemade, realizou 29 novas inscricións, o que fixo que o número de persoas inscritas como usuarias da RDSI no Centro de Sada superase xa o milleiro.
Durante o pasado mes impartíronse en Sada case 60 horas de formación gratuíta que incluíron a iniciación á informática e a Internet, o correo electrónico e o manexo da folla de cálculo. Un total de 6 obradoiros nos que participaron 56 persoas.
Ademais, unha decena de persoas asistiron á charla divulgativa verbo do correo electrónico, unha cita obrigada que responde ás demandas das persoas usuarias de profundizar nos contidos desenvolvidos nos obradoiros, abordáronse algunhas das funcións e utilidades avanzadas máis destacables desta importante ferramenta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?