Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seareiros de Star Wars están a organizar na Web unha quedada en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seareiros de Star Wars están a organizar na Web unha quedada en Compostela

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

imperial_storm_troopers.jpgSe a Rede serve para que xente de todo o mundo comparta experiencias arredor de afeccións común, benvida sexa. O mesmo podemos dicir se fai que vida dos seareiros de Star Wars sexa o máis levadeira posible, ou se actúa de intermediaria para que a capital de Galiza se converta por uns días no emprazamento narrativo da dita saga. Así nolo conta estes días El Correo, onde logo de pescudar o que acontecía nunha páxina web vinculada á dita entrega galáctica, descubriron que o sitio en liña oficiou de punto de encontro para unha quedada en Santiago, o 21 de maio e a xeito de conmemoración do trixésimo aniversario de O imperio contraataca, o segundo filme (cronoloxicamente falando) que se deu a coñecer da saga. A idea é facer de Compostela unha das capitais incluídas na conmemoración oficial, a nivel internacional, deste acontecemento, que terá o seu centro operativo de actividades na cidade de Orlando, en Estados Unidos.
O caso é que semella que Santiago ten apoios de abondo na dita comunidade en liña (que, por certo, inclúe versión en galego, o que é moi de agradecer), ben sexa pola palestra informativa que supón o Ano Xacobeo, ben sexa pola cantidade de seareiros de Star Wars que se arrexuntan na nosa terra. Así, dende a web Imperial Storm Troopers estase a levar a cabo un labor de mobilización para acadar a máxima presenza de afeccionados á saga na capital de Galicia, o que incluiría a presenza de todo tipo de caracterizacións baseadas nos personaxes das películas, principalmente (ou iso se conta dende a páxina) os adheridos ao lado escuro da forza. Entre outras cousas actividades a desenvolver, está programado un desfile das tropas imperiais polo casco vello, amais dunha revisión das tropas na praza da Quintana oficiada polo mesmísimo Darth Vader.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?