Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web de Paradores do Estado ofrece versións en castelán, inglés e alemán, pero non en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web de Paradores do Estado ofrece versións en castelán, inglés e alemán, pero non en galego

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

paradores-2.jpgPara os que tiñamos a empresas como Telefónica no punto de mira por achegar unha versión da súa web en catalán e deixar o galego aparcado ata novo aviso, cómpre ir convencéndonos de que queda por moito por facer na Rede á hora de conseguir que se respecte a nosa lingua, e máis se temos en conta que nin sequera se fai isto dende iniciativas postas en marcha ao abeiro dos cartos públicos, por moi estatais que sexan. Así nolo conta estes días o BNG a través do seu voceiro no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, que ven de erguer a voz polo que considera un dos meirandes absurdos do panorama turístico-dixital dependente do Goberno. Falamos da web de Paradores do Estado, unha páxina que malia tocarnos de preto aos galegos (que ben que achegamos á dita rede turística algúns dos emprazamentos de meirande calidade de España, como o Hostal de Santiago ou San Estevo de Ribas de Sil) non presenta versión na nosa lingua. Aínda que iso si, a web pode visitarse en castelán, francés, alemán, inglés e catalán.
“De forma inexplicable, e sen ningún motivo que o xustifique, non se ofrece versión da páxina web en lingua galega”, sinala o deputado nacionalista, para quen está claro que estamos ante un novo caso de marxinación da nosa cultura por parte da Administración central, vulnerando de novo a lexislación e as iniciativas adoptadas para que o Goberno respecte o carácter plurilingüístico do Estado español. Perante esta situación, o deputado do BNG preguntoulle ao Goberno polos motivos desta exclusión do galego, esixindo que se adopten medidas para que a nosa lingua, ao igual que o castelán, poida ser empregada en todos os trámites da web de paradores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?