Este martes o Congreso dos Deputados votou a favor dunha moción do Partido Popular para que só unha autoridade xudicial adopte medidas sobre os contidos ou o peche de páxinas web, que contou tamén co apoio do PSOE coma xesto a favor do «acordo e o entendemento» nun asunto que preocupa aos cidadáns, segundo explicou o voceiro socialista José Andrés Torres Mora.
Esta polémica estase a desenvolver no marco da aprobación da Lei de Economía Sustentable (LES), que na súa primeira disposición adicional métese a regular sobre as descargas na Internet, cando a xuízo do PNV, para entrar en tal materia sería preciso abordar unha reforma integral da Lei da Propiedade Intelectual (LPI), no que tamén coincide ERC, formación que pediu ao Goberno que eliminase da LES ás referencias á LPI.
O BNG tamén precisou que estase a intentar introducir unha reforma da propiedade intelectual «pola porta de atrás», criticando o anteproxecto da Lei por carecer dun equilibrio entre a defensa da propiedade intelectual e a garantía de dereitos e liberdades.
O Congreso aproba unha moción contra o peche administrativo de páxinas web
Compartir Este Artigo
