Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Proxecto Dono de solidariedade tecnolóxica beneficiou a máis de 1.600 ONG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Proxecto Dono de solidariedade tecnolóxica beneficiou a máis de 1.600 ONG

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dono-2.jpgToca falar de novas tecnoloxías ao servizo da solidariedade. Máis polo miúdo do Proxecto Dono, unha iniciativa que malia a feitura do seu nome non é galega e que consiste en achegas empresariais de produtos de todo tipo (comunicación, xestión, acceso aos datos, etc) ao servizo das organizacións sen arela de lucro. Detrás deste proxecto atópase un bo número de compañías de primeira liña no eido das telecomunicacións e as redes do coñecemento, como por exemplo Cisco, Microsoft, Symantec e Vodafone, sendo o seu obxectivo “cubrir as diferentes necesidades tecnolóxicas das ONG españolas”.
Pois ben, as firmas responsables do proxecto veñen de facer reconto de todo o acadado ao longo dos tres anos de vida de Dono. Así, en número de entidades beneficiadas, sinalan, estaríamos a falar de 1.600 organizacións, chegando a cifra de cartos aforrados en virtude destas doazóns a preto de dez millóns de euros.
Polo que respecta ás solicitudes atendidas, a iniciativa está a piques de deixar atrás o milleiro. Xa en termos máis concretos, dicir que as achegas tecnolóxicas dispensadas ao abeiro de Dono inclúen principalmente trebellos de uso prioritario en calquera organización, trebellos que ao abeiro deste proxecto poden chegar a rebaixas sobre o seu prezo en tenda de ata o 96%, o que lles deixaría ás plataformas solidarias unha marxe máis aceptable para levar a cabo o seu labor principal, sinalan os responsables desta actividade social nun comunicado.
O Proxecto Dono está xestionado por Technosite (empresa do Grupo Fundosa, corporación da Fundación ONCE) e conta coa colaboración da ONG TechSoup, responsable da administración do programa de doazóns en todo o mundo (ata 32 países).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?