Tomeu Vizoso, desenvolvedor de programación libre de SugarLabs, estará este xoves 11 de febreiro na Coruña para impartir dous relatorios sobre o proxecto Sugar, interfaz gráfica de usuario que está arestora en preparación para o proxecto chamado OLPC (Unha computadora para cada neno), iniciativa social encamiñada a achegar equipos de baixo custe a cada cativa/o dos países en vías de desenvolvemento.
A interfaz gráfica en cuestión, que está escrita na linguaxe de programación Python, será avaliada por Mateu Vizoso a través de dúas intervencións: unha primeira que servirá de introdución (perspectivas de futuro, a comunidade que hai ao seu arredor) e unha segunda que terá feitura de obradoiro de traballo colectivo dirixido a amosar como enriquecer ou corrixir o propio proxecto.

· Sugar: pasado, presente e futuro, de 16:00 a 17:15
· Contribuír código a Sugar, 17:45 a 19:00
Tomeu Vizoso falará este xoves na Coruña do proxecto Sugar
Compartir Este Artigo
