A axuda a Haití non cesa, cousa que constitúe sen dúbida unha das boas novas do día e da que probablemente teñan gran parte de culpa as novas canles dixitais, plataformas de comunicación que algúns medios ven unicamente como un fervedoiro de males pero que facilita, coas súas vantaxes de uso, calquera axuda solidaria que se poña en marcha. Esta opción de achegar solidariedade a golpe de click ou SMS é a que vén de empregar a empresa de xestión de Loterías por Internet, a firma Ventura24, que vén de anunciar a doazón á Cruz Vermella de España da totalidade do recadado a través dunha promoción móbil posta en marcha entre os seus clientes (SuperBote de Euromillóns).
A iniciativa, materializada a través de mensaxes de texto, supón o redireccionamento cara a dita organización solidaria do importe íntegro das compras feitas ao abeiro da promoción. A idea é apoiar con estes cartos o labor de subministro e saneamento de auga potable que a Cruz Vermella está levando a cabo na illa caribeña, ademais de contribuír a cubrir os gastos derivados do apoio médico, psicolóxico e social. Por certo que no xogo posto en marcha por Ventura24 participaron a través do móbil máis de 2.000 clientes. Segundo informa a empresa, aproveitouse o tirón dun bote de 3 cifras (100 millóns de euros) e o seu efecto nas vendas, preto dun 40% de medre, para reforzar a mensaxe de axuda que se emitiu logo do desastre de Haití.
Máis axuda a Haití recadada a través de mensaxes ao móbil
Compartir Este Artigo
