Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CMG acolle mañá un curso para instaladores de TDT vía satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CMG acolle mañá un curso para instaladores de TDT vía satélite

Raquel Noya
Publicado: 11/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

161009tdt.jpgA Televisión Dixital Terrestre vía satélite (TDT SAT) é un sistema que lle permite á cidadanía que habita naquelas zonas nas que o sinal de televisión non chega ou chega con moi mala calidade, recibir a TDT a través de satélite unha vez que o apagón analóxico chegue á súa zona e non poida ser iluminada pola vía terrestre.
Este tipo de tecnoloxía, que deberá ser empregada naquelas zonas denominadas zonas de sombra, precisan da instalación dun receptor especial, o TDT SAT, para o cal se requiren uns coñecementos técnicos especiais que non todos os intaladores de TDT do noso país teñen.
Con vistas a isto, o Centro Multimedia de Galicia (CMG), dependente da Secretaría Xeral de Medios, acollerá mañá, venres 12 de febreiro, un curso para instaladores deste tipo de tecnoloxía, que poderá ser seguida a través de videoconferencia nos Telecentros de Comunicación (TC) de Lugo, Allariz, A Coruña, situado na Biblioteca Pública Miguel González Garcés (BPMGG), e no da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións (ETSET) de Vigo.
En total, para estes cursos disporase de 142 prazas: 40 na Sala Audiovisual Access Grid do CMG, en Santiago; outras tantas na Sala Multimedia de Allariz; 30 no TC de Lugo; 20 na Sala web do ETSET, e 12 na da BPMGG.
O curso, que será impartido por persoal técnico das empresas Abertis Telecom e Televés, é o terceiro deste tipo que organiza a Oficina Técnica da TDT de Galicia, tamén dependente da Secretaría Xeral de Medios, e o seu obxectivo é dar a coñecer aos profesionais o procedemento de instalación dos receptores satélite da televisión dixital en zonas sen cobertura terrestre. Esta formación, que consta dunha parte técnica e doutra administrativa, é un dos requisitos imprescindibles para poder ser distribuidor autorizado de TDT SAT. As clases impartiranse en horario de 10:00 a 13:00 horas. Rematada a xornada, entregarase aos participantes un certificado de asistencia.
Esta iniciativa segue a liña das actividades do Centro Multimedia de Galicia para perfeccionar os coñecementos dos profesionais das telecomunicacións nos procedementos de instalación e distribución de TDT SAT, contribuíndo dese xeito a facer chegar o novo sistema de Televisión Dixital Terrestre a toda a sociedade e de divulgar as súas vantaxes fronte á tradicional televisión analóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?