O secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, que onte inaugurou en León a Conferencia Confianza na Sociedade da Información, enmarcada na Presidencia española da Unión Europea e celebrada con motivo do Día Internacional da Internet Segura, aproveitou a cita para lembrarnos a importancia das TIC “como motor da economía e da sociedade”, un motor que fai prioritaria unha protección e seguridade axeitada para toda a cidadanía.
Neste senso, Ros asegurou que a consecución duns niveis elevados de seguridade da información “plantexa importantes retos” e insistiu en que os esforzos para conseguir uns niveis suficientes de seguridade das redes e da información pasan por unha identidade electrónica segura, é dicir, o DNIe.
O secretario referiuse a este documento electrónico como un mecanismo para unha identificación segura para las comunicaciones a través de Internet, posto que permite o paso dunha oferta de servizos telemáticos de carácter xenérico a uns servizos máis persoalizados e con meirande valor engadido.
Hoxe en día todas as comisarías do país expiden xa o DNI electrónico e o número de documentos emitidos xa supera os 14 millóns.
O obxectivo é, segundo informou Francisco Ros, “que esta identidade electrónica sexa aproveitada pola cidadanía para realizar cada vez un meirande número de trámites en liña, con aforro de tempo e de custes”.
Xa que logo, o Eje Confianza y Seguridad do Plan Avanza2 centrarase en impulsar a construcción da confianza a través de políticas públicas “proactivas e de carácter preventivo e educativo, en relación coa seguridade da información, centradas tanto en particulares como en empresas”.
Por outra banda, entre os obxectivos da Presidencia española da Unión Europea, atópase a de mellorar os niveis de seguridade en materia de redes e na prestación de servizos que se apoian nas mesmas. O propósito último é “conseguir xerar confianza no uso das tecnoloxías da información por parte dos usuarios”.
O Goberno promove o uso do DNIe para gañar confianza e seguridade na Rede
Compartir Este Artigo

