Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC deixa atrás a fase constituínte e bota a camiñar a pleno rendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC deixa atrás a fase constituínte e bota a camiñar a pleno rendemento

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/02/2010
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cluster_tic_logo.jpgO Clúster TIC de Galicia hai tempo que deixou atrás a liña de non retorno. A viaxe xa está plenamente en marcha, e o edificio cen por cen constituído. Así quedou constatado tras a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada este xoves 11 de febreiro en Santiago de Compostela, unha xuntanza que serviu para afianzar posturas, afinar estratexias e, en termos máis concretos, elixir directiva. A asemblea, que usando termos navais supuxo a botadura do barco-Clúster, saldouse coa elección como presidente de Rafael Valcarce Baiget, da firma Arteixo Telecom, quen substitúe neste cargo á presidenta provisional da agrupación durante a constitución da mesma, Beatriz Legerén. O novo responsable do Clúster TIC tivo palabras ao remate da asemblea para resumir os seus obxectivos, que pasan por poñer en valor ao sector TIC galego e impulsar a colaboración entre as empresas e asociacións que integran esta iniciativa tecnolóxica galega, tirando partido da potencia tractora das firmas de meirande tamaño e a axilidade e a capacidade de movementos das máis pequenas.
Valcarce, ademais, amosou o seu compromiso firme para traballar a prol do diálogo no sector, tanto interno como cara a fóra, cos restantes sectores produtivos e coas administracións, tanto no eido galego como no que atinxe ao estatal, abranguendo tamén á Unión Europea no camiño de potenciar o I+D+i real das nosas empresas. O Clúster será, ao seu xuízo, unha lanzadeira inmellorable para facer marca en España e en Europa. O novo presidente da agrupación galega tivo palabras tamén para avaliar o estado de saúde do noso tecido TIC, posuidor dun gran potencial pero algo deficitario, a nivel xeral, de actividade concertada e cooperación. O Clúster, sinalou servirá para potenciar as sinerxías, o traballo colectivo e a loita contra a fenda dixital, que hoxe sitúa a Galicia en desvantaxe no que respecta a outras comunidades autónomas ou fronte aos restantes países da Unión Europea.
Nin a asemblea celebrada en Compostela, nin o impulso ao Clúster TIC, nin esta arela de cooperación que lle serve de alicerce son feitos casuais. Coinciden no tempo cunha crise económica que reclama solucións e vieiros de escape, sendo a industria TIC unha das que probablemente máis alternativas poña en xogo. Por dicilo claramente: o sector, sen ser inmune á crise, ten a día de hoxe unha chave para variar o modelo produtivo. Esta coincidencia de factores, lonxe de ser un atranco, confire especial significado ao Clúster TIC de Galicia, un tecido de empresas con capacidade para impulsar o cambio “cara a unha economía baseada na innovación, a produtividade e o valor engadido, creadora de riqueza e de emprego de calidade”, sinalou Valcarce.
Perante a Asemblea Xeral Extraordinaria, o novo presidente prometeu, ademais, un mandato sen personalismos, aberto á participación de todos os membros do Clúster TIC. Por certo que de acordo cos estatutos da entidade, este mandato terá unha duración de tres anos. A Asemblea Extraordinaria serviu tamén para elixir os membros do Comité Estratéxico, a composición do cal será a seguinte:
· Víctor López García (AVA Soluciones Tecnológicas, S.L.)
· Iago Soto Mata (Quobis Networks, S.L.)
· María Luz Castro Pena (Factoría de Software e Multimedia (Imaxin), S.L.)
· Miguel Ángel Bugarín Pumar (Visual Publinet, S.L.)
· Sebastián Santiago Area (Ozona Consulting, S.L.)
· Gerardo Crespo Riestra, (Gecreri, S.L.)
· José Antonio Román Jiménez, (Sivsa)
· Juan Carlos Suárez Cebreiros (Level Telecom, S.L.)
· César Blanco Gómez (Academia Postal 3 Vigo, S.L.)
· Constantino Fernández Pico (Altia Consultores, S.L.)
· Gerardo José García Alvela (Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.)
· José Ramón García González (Blusens Technology)
· Manuel Balseiro López (Coremain, S.L.)
· Antonio Rodríguez del Corral (R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A.)
· Santiago Cárdenas Botas (Tecnocom, Telecomunicaciones y Energía, S.A.)
· Javier Grandal Bouza (Arteixo Telecom, S.A.)
· Santiago Rey Requejo (Tredess 2010)
· Beatriz Legerén Lago (EGANET)
· Ramón María Lois Santos (AETIC-Galicia)
· Jorge Cebreiros Arce (INEO)
· Ricardo Fernández Fernández (Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia)
· Jesús Rodríguez Castro (Colexio en Enxeñería de Informática de Galicia)
Máis dun centenar de empresas e asociacións
Máis dun centenar de firmas e asociacións constitúen o Clúster TIC Galicia, que pretende contribuír a potenciar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector empresarial da Sociedade da Información. Ten como obxectivo desenvolver o potencial investigador, xerar coñecemento e formar capital humano cualificado neste tecido produtivo da nosa terra. Dentro do Clúster intégranse, amais de empresas, agrupacións como EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías), INEO (Asociación Multisectorial de Empresas TIC), AETIC-Galicia (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España, Consello territorial de Galicia), COETG (Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) e CPEI (Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?