Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia e Extremadura unen forzas no eido da supercomputación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia e Extremadura unen forzas no eido da supercomputación

Raquel Noya
Publicado: 15/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Cesga-2-59256.jpgA Fundación Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), da Consellería de Economía e Industria e do CSIC, maila Fundación Computación e Tecnoloxías Avanzadas de Extremadura (COMPUTAEX), veñen de asinar un convenio de colaboración na área de supercomputación mediante o cal reforzan os acordos xa existentes entre ambas entidades para achegar un marco no que desenvolver as súas actividades de maneira conxunta.
Ambas institucións, que xestionan cadanseu supercomputador de gran capacidade de memoria compartida, o galego Finis Terrae, que xa coñecemos polos seus procesos de cálculo mundialmente recoñecidos no CESGA e o recentemente inaugurado LUSITANIA, do Centro Extremeño de Investigación, (CénitS), van poder extender e profundizar nas iniciativas que leven a cabo conxuntamente posto que estas infraestruturas de cómputo estratéxicas constitúen elementos fundamentais no apoio do desenvolvemento de programas de investigación e innovación tecnolóxica aplicada nas súas respectivas Autonomías e en España.
O acordo asinado hoxe contempla realizar accións específicas conxuntas para a utilización dos recursos de supercomputación para os usuarios dos dous centros nun futuro, así como para fomentar a mobilidade inter-centros de científicos e tecnólogos. Nesta fase xa se teñen fixado obxectivos compartidos como a elaboración dun plan de formación complementario ao dos centros; a realización de plans conxuntos de difusión e divulgación de Computación de Altas Prestacións (HPC); o establecemento dun plan de soporte aos usuarios como punto de partida para un futuro Grupo de Traballo Técnico inter-centros que optimice recursos e nivel de satisfacción dos usuarios; ou a elaboración do Plan de Mobilidade de investigadores e tecnólogos entre centros.
Pola súa banda, o CESGA, con 17 anos de traxectoria, ten como obxecto, segundo veñen de afirmar, “fomentar, difundir e prestar servizos de cálculo intensivo e comunicacións ás comunidades investigadoras galega e do Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, así como a aquelas empresas ou institucións que o soliciten”. Finis Terrae o supercomputador xestionado polo CESGA ten sido recentemente incluído no Mapa de Instalacións Científico Tecnolóxico Singulares (ICTS) do Ministerio de Ciencia e Innovación, MCINN, por ser un sistema integrado por 144 nodos de memoria compartida e conta cun total de 20.000 GB de memoria principal, 390.000 Gb en disco e 2.580 procesadores Itanium.
COMPUTAEX, pola súa banda, ten como finalidade o desenvolvemento das tecnoloxías da información, o uso do cálculo intensivo e das comunicacións avanzadas como ferramentas para o desenvolvemento socioeconómico sustentable, estimulando a participación da sociedade civil, mobilizando os seus recursos e dedicando especial atención ás relacións de cooperación entre os centros de investigación públicos e privados e do sector produtivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?