Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Detidos tres mozos por dar acubillo na súa web a ligazóns de Rapidshare
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Detidos tres mozos por dar acubillo na súa web a ligazóns de Rapidshare

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

filmowisko.jpgSeguimos a dar conta de operacións policiais contra o intercambio de ficheiros na Rede. Desta volta, toca falar de Filmowisko, foro polaco integrado por máis de 30.000 internautas e que servía entre outras cousas para achegar experiencias sobre todo tipo de películas, series, discos ou programas informáticos. A comunidade en liña, que de xeito paralelo a todo isto semella que tamén daba acubillo á canle Rapidshare para compartir arquivos, estivo ao longo dos últimos meses no punto de mira da brigada antipiratería de Polonia (Foundation of the Protection of Audiovisual Creativity), que malia as repetidas proclamas non promocionais nin interesadas dos responsables do foro decidiu poñer en marcha accións en contra dos propietarios da dita web.
Para comezar e segundo se conta en TorrentFreak e máis ALT1040, levouse a cabo a detención de tres mozos (un de 21 anos, outro de 16 e outro de 17) que presuntamente eran os webmasters de Filmowisko.
Amais disto, procedeuse a investigar os lugares de residencia doutros integrantes do foro, con vistas a incautacións de datos e materiais. O resultado de toda esta manobra volve pór de manifesto o mal encamiñados que están certos esforzos das autoridades: a brigada só se fixo con 150 DVDs e CDs, ao que cómpre engadir o desproporcionado do castigo, que podería suporlles aos rapaces maiores ata cinco anos de cadea, ficando o máis novo a disposición dun tribunal para familias. Segundo se conta na Rede, o que de verdade se perseguiu con esta operación non foi o feito mesmo de compartir, senón o negocio que se estaba a xerar coa publicidade no sitio, o que é ilegal no devandito país.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?