Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia segue a ser unha das comunidades con maiores índices de piratería de software en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia segue a ser unha das comunidades con maiores índices de piratería de software en España

Raquel Noya
Publicado: 17/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pirateria-4.jpgA Business Software Alliance (BSA), a meirande organización do mundo dedicada a promover un uso responsable do software comercial velando polo emprego de fontes privadas de maneira legal e autorizada, vén de publicar, un ano máis, os datos de piratería de software en España, e os datos ofrecidos acusan a Galicia de liderar a listaxe de comunidades con meirande índice de piratería, xunto con Madrid ou A Rioxa, entre outras.
Segundo os estudos levados a cabo pola consultora, Galicia é a séptima comunidade autónoma de España con maior índice de uso de software pirata nas súas empresas: 4 de cada 10 programas empregados polas empresas son adquiridos de maneira ilegal, dacordo cos datos do Global Piracy Report da consultora IDC.
Isto sitúa á nosa terra entre as comunidades con maior índice de piratería do software de todo o país (43 por cento), por enriba de comunidades como Andalucía ou Extremadura, onde a pesar de haber moitas máis empresas rexistradas, o uso de software ilegal sitúase en torno a un 30 por cento.
O índice de piratería de software na nosa comunidade tamén se atopa oito puntos por enriba da media da Unión Europea (35 por cento), o que representa un inconveniente para a competitividade e o desenvolvemento das nosas empresas posto que “poden supoñer perdas anuais de 30 millóns de euros por fallos operativos e de seguridade”, segundo afirman dendes a consultora.
Os datos empeoran na distribución de copias ilegais de software, xa que segundo o último estudo da consultora GfK Emer para BSA en España, a distribución do software sen licenza en Galicia a través da canle de venda tradicional (tendas) reduciuse significativamente ata o 29,7 por cento.
Isto significa que a nosa comunidade segue a ser a cuarta de España por índice de piratería na canle de distribución, case nove puntos por enriba da media para toda España, que se sitúa no 21,1 por cento. Por diante de Galicia soamente se sitúan Asturias, Extremadura e A Rioxa, segundo este mesmo informe.
Aproveitando a ocasión, BSA vén de anunciar o inicio dunha campaña de información en Galicia dirixida a pequenas empresas para dar a coñecer as vantaxes do uso de software legal e os graves riscos operativos e legais aos que se poden enfrontar as persoas polo uso de programas pirateados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?