Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica presenta un proxecto que mobiliza aos usuarios de móbil para desenvolver novos servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica presenta un proxecto que mobiliza aos usuarios de móbil para desenvolver novos servizos

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

haiku_telefonica.jpgTelefónica vén de dar a coñecer unha iniciativa para aplicar no terreo da telefonía móbil o espírito de participación activa da Rede 2.0, unha nova orde de Internet na que xa non chega con visitar páxinas, empregar servizos e recibir información: hai tamén que facelos. O proxecto colaborativo de Telefónica, encamiñado a converter aos usuarios en desenvolvedores de microservizos no móbil, xorde cun nome que ten pouco de casual: Haiku (formato de poesía xaponesa de non máis de tres versos). Sexa unha aposta por aforrar investimentos coa coartada da participación allea, sexa un xeito de abrirlles mercado e posibilidades aos usuarios, o caso é que a iniciativa xerou expectación de abondo no escenario escollido para a súa presentación, a feira Mobile World Congress que se está a celebrar ata mañá en Barcelona.
O proxecto de Telefónica, que vén da man da súa división de I+D, basea unha boa parte do seu potencial no sinxelo da súa proposta. A xuízo da operadora, do que se trata é de cederlles a posibilidade de desenvolvemento de servizos a tódolos usuarios e sen que sexa preciso dispor de amplos coñecementos de programación ou de ferramentas específicas.
O instrumento de traballo, que é aberto, permite incorporar aos microservizos capacidades do móbil como localización, imaxes, música, gravacións, vídeo ou micropagos. Os espazos creados polo usuario e publicados no universo das ditas ferramentas miúdas, sinala a operadora, poderían servir para unha comunicación interactiva con outros usuarios, como canle para a promoción móbil ou como soporte de anuncios clasificados, entre outras opcións. Por certo que unha das principais vantaxes de Haiku é que os microservizos que xorden ao seu abeiro pódense xerar só co móbil, sen necesidade dun PC, “de xeito inmediato e dende calquera lugar”. A maiores, sinala a operadora, “revolucionan o mundo da mensaxeiría ao permitir interactuar coas mensaxes en tempo real, ademais de poder realizar pagos”. Entre os exemplos principais de traballos que se poden desenvolver con esta iniciativa atópanse os anuncios profesionais e persoais xeolocalizados, ou as mensaxes con interactividade en liña (por exemplo a opción de incorporar comentarios nunha imaxe dun microservizo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?