Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Buscadestinos.com promove a Rede participativa coa súa oferta de hoteis a 1 euro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Buscadestinos.com promove a Rede participativa coa súa oferta de hoteis a 1 euro

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

buscadestinos_oferta_2.jpgA páxina galega Buscadestinos.com, especializada en aforrarlles tempo e esforzos aos usuarios da Rede que anden procurando un lugar ao que desprazárense, vén de anunciar o lanzamento dunha interesante oferta dirixida a poñerlles as cousas aínda máis doadas (e máis baratas tamén) aos internautas, tanto aos que viaxan longas distancias como aos que non. Máis polo miúdo, trátase da promoción X1EURO, lanzamento que consiste en pór cada semana, ao alcance de 15 membros da comunidade en liña, unha noite de hotel polo prezo de 1 euro. A oferta vén con dúas peculiaridades. Primeira: a estancia levarase a cabo nun hotel da cidade na que reside o gañador. Segunda: á volta da estancia, os gañadores teñen que completar un comentario sobre o establecemento en cuestión e dos lugares que recomenda visitar da cidade, amais de pasarlle a Buscadestinos dúas fotos e un vídeo da experiencia.
A canle para elixir a quen se vai facer con esta promoción é a seguinte: a través dun concurso que se desenvolve cada luns (e os venres no caso de haber repesca) na páxina do servizo galego no Facebook. Segundo apuntan os responsables desta iniciativa, a resposta da xente está a ser moi boa, acadándose un amplo nivel de participación (sobre todo de internautas galegos) e de repercusión, sendo moitos os usuarios que logo dan conta da súa experiencia en cadanseu blog ou espazo de rede social (Twitter, Facebook, etc), favorecendo o “boca a boca”. Para facérmonos unha idea, a día de hoxe xa hai máis de 2.000 persoas inscritas na promoción.
“O mellor de todo isto”, sinala José Alcañiz dende Buscadestinos.com, “é que tamén beneficia aos usuarios da nosa web, que deste xeito contan con comentarios de máis calidade sobre os hoteis, ademais de valoracións de persoas que residen na cidade de destino, que sempre son valoradas”. Podemos consultar as bases da promoción nesta ligazón, e nesta outra algúns dos comentarios dos internautas gañadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?