Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Executivo sinala que o auxe do ciberterrorismo podería ter consecuencias dramáticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Executivo sinala que o auxe do ciberterrorismo podería ter consecuencias dramáticas

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Antonio Camacho, secretario do Estado de Seguridade, nun acto recente
Antonio Camacho, secretario do Estado de Seguridade, nun acto recente
Cando escoitamos falar de ciberterrorismo, adoitamos a pensar (polo xeral) en ataques máis ou menos descontrolados contra entidades ou persoeiros de poder, xente que máis que verdadeiramente danada o que fica é publicamente exposta e en evidencia. Porén, se atendemos ás máis recentes advertencias dos gobernos do planeta, a instancias dos seus departamentos de seguridade, o ciberterrorismo xa non está para dar puntada sen fío nin para estragar esforzos e tempo en actos simbólicos que logo se esquecen. Segundo conta o secretario de Estado de Seguridade, Antonio Camacho, e reflicten medios como Xornal.com, o perigo é cada vez máis serio e ten xa un obxectivo ben delimitado: as grandes infraestruturas da información e todos os elementos da nosa vida diaria que dependen delas, como por exemplo o subministro de enerxía ou o transporte.
Camacho, que verteu estas declaracións no transcurso do I Encontro Internacional de Proteción de Infraestruturas Críticas da Información que se celebra en Madrid, fixo saber que os avisos non veñen da nada, e que as probas que certifican unha concorrencia experta dos terroristas nas novas canles dixitais son numerosas de abondo.
Sen ir máis lonxe, dixo, cómpre ter en conta que Al Qaeda fixo pública recentemente a súa intención de levar a cabo accións nas redes co obxectivo de sabotear ou inutilizar as redes de telecomunicacións, cousa que podería colapsar a actividade socioeconómica dunha boa parte de países.
Para Camacho, este é o intre para protexer integramente as infraestruturas, non só na superficie senón tamén no miolo mesmo das redes de comunicación, de outro xeito o ciberterrorismo podería ter consecuencias ben graves. “Enfrontámonos a unha ameaza real que ten unha gran capacidade de desestabilización debido ao elevado nivel de interconexión do mundo dixital no que vivimos; hoxe un buraco de seguridade pode espallarse doado e xerar consecuencias dramáticas”, sinalou. Neste senso, engadiu, o Goberno non pode ficar só na protección real das infraestruturas críticas, case 4.000, e máis se temos en conta que unha boa parte delas están en mans de empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?