Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Port Desings leva os seus produtos á Antártida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Port Desings leva os seus produtos á Antártida

Raquel Noya
Publicado: 18/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

PortDesigns.jpgPort Designs, a firma fabricante de solucións de transporte, protección e ergonomía para ordenadores portátiles, da que sempre damos conta polos seus innovadores produtos, vén de dar que falar de novo na nosa web, mais desta volta por unha iniciativa que a honra: patrocinar a III Edición dos Premios Antárticos de Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, que galardoan proxectos e investigacións relacionados cos citados ámbitos de estudo.
Cada ano, os premiados e un pequeno equipo que inclúe xornalistas e persoal especializado, son obsequiados cunha viaxe á Antártica dun mes de duración, unha experiencia única xa que o acceso a esta impresionante reserva natural de extremas condicións climáticas é moi restrinxido.
Nesta edición, os aventureiros disporán dun macuto ecolóxico da liña Chicago Eco de Port Designs, da que temos falado en Código, así como de diversas fundas de neopreno e nylon para protexer os seus portátiles e dispositivos electrónicos do frío e da humidade.
Os Premios Antárticos naceron en 2007 co obxectivo fundamental de conservar o medio ambiente e evitar a “fuga de cerebros” que se está a vivir no sector da investigación no noso país.
Tan só por isto, Port Designs merece unha mención especial na nosa web, polo seu apoio á organización e polo seu labor de conservación do medio ambiente creando a familia ecolóxica Chicago Eco, fabricada a partir de botellas de plástico recicladas.
Nesta edición do concurso, os accesorios da marca permitiranlle aos viaxeiros transportar os seus portátiles, cámaras e outros dispositivos electrónicos con total seguridade e comodidade, o que lle permitirá vivir esta experiencia nas mellores condicións posibles.
O fundador dos premios, Bruno Alonso, asegura estar encantado cos produtos de Port Designs, “non só polo seu trasfondo ecolóxico, senón tamén pola súa resistencia e calidade, características primordiais dadas as condicións extremas que imos vivir durante a viaxe”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?