Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación renova a súa web facéndoa máis dinámica e actual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación renova a súa web facéndoa máis dinámica e actual

Raquel Noya
Publicado: 22/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

edu.xunta.es_feb2010.pngO Portal Educativo da Xunta de Galicia, unha ferramenta que ao longo dos últimos anos incrementou considerablemente o seu número de visitas ao ofrecer unha chea de contidos e información de utilidade tanto para mestres como para alumnos e opositores, vén de migrar a unha plataforma web renovada na que os internautas poden acceder dun xeito máis dinámico á información que lle interesa en cada momento e aos servizos ofrecidos pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
A nova web, que se enmarca dentro das iniciativas da Xunta a prol do software libre, presenta unha estrutura unificada co resto dos portais da Xunta de Galicia, o que, segundo informan dende o Executivo, “redunda nunha maior accesibilidade para o usuario, que atopa as mesmas referencias en todas as webs”.
Trátase dunha aposta da Consellaría polo emprego de software libre, para que sirva como exemplo dentro do eido educativo e para facilitar a evolución futura da ferramenta en tódolos aspectos.
A decisión deste departamento por decantarse por unha plataforma baseada en software libre vai mellorar, segundo afirman, “a súa futura evolución, facilitando a incorporación de funcións e servizos dirixidos a achegar a administración electrónica a todos os eidos educativos e para implantar e fomentar o uso das TIC no proceso educativo”.
O novo deseño da web sitúa na páxina de inicio os principais servizos da Consellaría, así como as novas de actualidade e os anuncios, presentados con atractivos elementos gráficos e unha estrutura limpa e clara.
Na parte superior, a información aparece compartimentada por colectivos, co que os usuarios poden atopar dun xeito máis sinxelo a información do seu interese. Outra das novidades do Portal educativo é a incorporación dun buscador cunha mellorada funcionalidade, que permite incluso a busca avanzada por temas, colectivos ou departamentos.
Logo desta migración, a Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación vén de anunciar que “segue a traballar para conseguir unha plataforma flexible de tal xeito que se poidan incorporar no futuro servizos complementarios tales como ferramentas de traballo colaborativo”; a intención deste organismo tamén é ampliar os servizos ofrecidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?