Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gadis lanza a web Bebegadis.com, con consellos de profesionais para as familias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gadis lanza a web Bebegadis.com, con consellos de profesionais para as familias

Raquel Noya
Publicado: 23/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bebegadis.jpgA cadea de supermercados Gadis, coñecida por levar o peculiar estilo de vida dos galegos alén das nosas fronteiras, así como por facer famoso o noso lema por excelencia: “malo será”, vén agora de estrear unha peculiar iniciativa, a acción Bebé Gadis, que consiste entre outras cousas en lanzar unha web con consellos de profesionais e información de interese para os pais novatos, nunha nova acción de apoio ás familias.
Gadis puxo en marcha este proxecto para as familias de Galicia e O Bierzo as cales, se teñen un fillo ou unha filla ao longo deste ano, recibirán unha canastiña con produtos de alimentación e de hixiene para o coidado do bebé e da nai, así como unha práctica bolsa, consolidando a súa filosofía de cercanía ao cliente nun momento tan especial.
A entidade galega lanza a web Bebegadis.com, con consellos e información de utilidade sobre o coidado dos bebés, un novo espazo en Internet que se caracteriza pola súa interactividade cun foro habilitado para os pais, e pola posibilidade de plantexar dúbidas e consultas a un profesional, o cal resolverá todas as cuestións relacionadas coas necesidades dos acabados de nacer.
As persoas que accedan a esta web, segundo veñen de informar dende a compañía, poderán participar no sorteo quincenal dun portabebés, sempre e cando se rexistren previamente.
A acción Bebé Gadis xa comezou e para recibir a canasta cos agasallos, é preciso entregar un formulario en calquera dos 172 supermercados Gadis de Galicia, Ponferrada, Astorga e Bembibre, adxuntado unha fotocopia do DNI e do libro de familia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?