Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ampliado o prazo para participar no certame de innovación da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ampliado o prazo para participar no certame de innovación da USC

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_concurso_innovacion.jpgEn tempo de crise e de despidos dos que xa hai tempo que perdimos a conta, se cadra unha das saídas posibles sexa a máis impensable de todas: pór en marcha unha empresa propia. A tarefa, sen ser doada, ten unha parte do camiño feito se, en contra do que sería o máis normal, inspirarnos directamente en algo que xa está feito e no mercado, imos ao extremo contrario, a innovación. Para a Universidade de Santiago, o intre que vivimos é o axeitado para botar man deste espírito emprendedor e de todos os recursos que lle dan azos, dende as ferramentas de comunicación e xestión de datos que achegan as TICs ata convocatorias como a que desenvolve a propia USC para promover o “faino ti mesmo”, o Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores.
O certame, que vai pola súa décima achega, vén de ser obxecto dunha ampliación no prazo de presentación de iniciativas (memoria descritiva dunha empresa), que se estende ata o 15 de marzo.
A convocatoria, informa a USC, abrangue un primeiro premio de 7.000 euros e ata outros 24.000 de préstamos participativo a cargo de Unirisco Galicia SRC e un segundo de 4.000 euros. Ademais disto, fixáronse outras catro categorías que recibirán 2.000 euros cadansúa por iniciativas de Empresa Xove, Muller Emprendedora, Proxecto Medioambiental e Proxecto con Sensibilidade Social.
O obxectivo da iniciativa é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados ou investigadores, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego. Deste xeito, di a USC, a convocatoria está aberta a estudantes e titulados de calquera das tres universidades galegas e de centros asociados da UNED en Galicia con independencia da área de coñecemento que individualmente ou en equipo teñan un proxecto empresarial innovador con potencialidade para converterse nunha empresa. Tamén poderán concorrer doutores, doutorandos, persoal de investigación e alumnos de terceiro ciclo que traballen en calquera centro de investigación galego, así como empresas xa constituídas ao longo do ano 2009 por promotores co perfil descrito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?