Os resultados que iBAHN, o líder mundial en solucións de entretemento dixital e Internet para o sector hoteleiro, vén de facer públicos hoxe, mostran un incremento considerable da demanda de servizos de Internet e novas tecnoloxías nos hoteis ao longo de 2009, uns resultados que revelan un cambio evidente nas constumes dos hóspedes que non regresan aos locais nos que non tiveron unha experiencia satisfactoria coa Rede.
Segundo esta entidade, a súa solución ETVi, que ofrece servizos dixitais directamente no cuarto dos clientes así como entretemento por TV dixital para formato de pantalla ancha, “foi especialmente solicitada, e a base de cuartos instalada incrementouse nun 46 por cento”.
O forte crecemento na adopción de ETVi na rexión foi paralelo ao excepcional aumento no uso de Internet por parte dos hóspedes, por motivos de ocio e traballo, tal e como mostra o número de paquetes de datos por sesión transferidos polos hóspedes na rede patentada por iBAHN, que aumentou un 134 por cento no último ano en EMEA, e que se pode universalizar a case que tódalas cadeas hoteleiras.
Este uso crecente confirma as predicións que emerxeron do estudo do ano 2009 encargado por iBAHN sobre viaxeiros de negocios, realizado por YPartnership, autor do informe National Travel MonitorTM, seguido de preto por todo o sector. O devandito estudo pon de manifesto unha necesidade cada vez maior por parte dos hoteis de proporcionar aos seus hóspedes acceso a Internet de alta velocidade para satisfacer a demanda de contidos en liña (vídeo, música, xogos, información…) así como as crecentes necesidades de comunicación en eventos.
Ypartnership descubriu que máis de dous terzos dos viaxeiros de negocios descargaron música aos seus ordenadores (67 por cento), mentres que case 60 por cento descargaron vídeo. Asemade, máis da metade descargaron novas (54 por cento) ou entretemento (52 por cento) aos seus ordenadores. As descargas de vídeo e música consumen un ancho de banda e un volume de datos considerablemente maior que os requiridos cando se navega na web ou durante unha consulta do correo electrónico.
É por isto que a día de hoxe, tal e como indican estes estudos, os hoteleiros non só deben proporcionar aos seus clientes instalacións cómodas e acolledoras, senón tamén acceso seguro a Internet de alta velocidade e servizos de entretemento da máis alta calidade.
Increméntase a bo ritmo a demanda de banda ancha e HDTV nos hoteis
Compartir Este Artigo

