Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Foz organiza obradoiros de Administración Electrónica para a veciñanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Foz organiza obradoiros de Administración Electrónica para a veciñanza

Raquel Noya
Publicado: 24/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foz_admon_electronica.jpgDende hoxe, e ata o vindeiro mércores, día 3 de marzo, o Concello lugués de Foz vai impartir diversos obradoiros de formación en Administración Electrónica sobre o 060, un servizo en liña para a cidadanía que conxuga información, trámites e xestións coas diferentes administracións, e que os veciños e veciñas do lugar poden aproveitar para as súas relacións coa administración local.
Os cursos comezan coa difusión dun stand publicitario en varios lugares de Foz para dar a coñecer os obradoiros que terán lugar na localidade e que xirarán en torno aos trámites en liña coas administracións, o emprego do DNI electrónico, o uso das aplicacións móbiles…
Mañá xoves, 25 de febreiro en concreto, as asociacións de mulleres do lugar terán un taller dedicado especialmente a elas, a partir das 16:00 horas no Telecentro da Casa da Xuventude.
administracion_electronica.jpgPosteriormente, o venres 26 de febreiro, a partir das 11:00 horas no mesmo escenario serán as persoas desempregadas as que reciban un obradoiro enfocado á procura de emprego, así como á tramitación da documentación a través da Rede.
A partir das 14:00 horas. será o persoal do Concello o que acuda a un taller sobre a información e trámites das administracións, así como do DNI electrónico e os distintos trámites en liña.
O mércores, 3 de marzo, tocaralle o turno ao público en xeral, que poderá asistir a un Taller de Administración Electrónica sobre o 060 no que aprender como atopar información sobre administracións, realizar trámites en liña, usar o DNI electrónico…será a partir das 20:00 horas no Telecentro da Casa da Xuventude.
Asemade, para o empresarios e empresarias da zona, o Concello de Foz ten preparadas unhas Xornadas Tecnolóxicas, que se repartirán en dúas sesións: unha primeira que versará sobra a Administración electrónica (o 060), que terá lugar o 1 de marzo a partir das 20:00 horas e unha segunda sesión na que se desenvolverá un taller de Utilidades Móbiles, tamén a partir das 20:00 horas do martes día 2.
Neste obradoiro, que terá lugar no mesmo lugar, a empresa Xestión Celular de Vodafone impartirá un relatorio sobre novos dispositivos, ferramentas e solucións móbiles para o mundo empresarial, para coñecer como optimizar os recursos e como aproveitar as ferramentas móbiles para mellorar o seu negocio.
As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse nos cursos, deberán poñerse en contacto coa Delegación de Xuventude do Concello de Foz, no teléfono 982 133 037, ou por correo electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?