
Volvendo aos datos actuais, dicir que o estudo de Fundetec bota luz sobre un escenario moi mellorable en materia de acceso ás redes e uso integral delas. Así, sinálase, só un 17,3% deste colectivo efectúa as súas compras a través da Rede (a taxa sube ao 35% no caso dos equipados), baixando aínda máis as cifras se falamos de vendas en liña, que só motivan ao 6,5% do colectivo (un 45% dos que teñen sitio web).
O estudo tamén achega información sobre as causas deste escaso afianzamento das redes entre estes traballadores. A xuízo dunha boa parte dos que non teñen conexión nin páxina propia de seu, a razón principal está na falta de utilidade para o seu negocio. Por eidos de actividade, o sector financeiro é o que máis fondas raizames ten na sociedade dixital, cun 70% dos autónomos contando con equipo informático. No outro extremo temos o transporte e o almacenamento, que anda a rentes do 22%.
Só a metade dos autónomos dispón de equipamento informático
Compartir Este Artigo
