
Por certo que detrás do equipo responsable de Pomelo sitúanse os estudantes Pablo Gutiérrez, Miguel Pato e Silvia Costas, sendo esta última a que dirixiu xunto a un representante do Grupo a presentación no foro das características do certame e do seu potencial como canle de aprendizaxe lúdica e dinámica.
O Beertual Challenge, que vai pola súa terceira edición (con convocatoria mexicano-española e con vistas a ampliar os emprazamentos), está arestora na súa recta final, ficando en competición só dúas empresas españolas (unha das cales é Pomelo) e cinco mexicanas das máis de 600 que se inscribiron. Agora, sinala a Universidade de Vigo, quédalles por diante aos estudantes galegos a parte menos virtual do traballo, logo de rematar a fase primeira como unha das mellores 75 firmas en resultados bursátiles e de deseñar na segunda un plan de espallamento internacional. Está previsto que o 10 de marzo viaxen a México para dar conta da súa iniciativa perante o Comité de Dirección do Grupo Modelo, que non é outra cousa que o xurado físico, real, establecido para un concurso-simulador. De ser os gañadores entre os sete finalistas na modalidade de mestrado –existe outra modalidade con sete finalistas para licenciatura ou diplomatura- terían a oportunidade de realizar unha viaxe internacional de tres semanas de duración.
Tres estudantes do Campus de Ourense chegan á final do simulador empresarial Beertual Challenge
Compartir Este Artigo
