Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un blog galego gaña o II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un blog galego gaña o II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa

Redacción
Publicado: 25/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

entrega_premios_maiores_con_iniciativa.jpgÁs herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino é o título do blog que resultou gañador do II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa organizado por Fundetec. O certame recoñece o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas orixinais para fomentar a inclusión das persoas maiores na sociedade da información, así como a predisposición destas a aprender algo novo e perder o medo ás tecnoloxías.
Na iniciativa gañadora, impulsada polo Concello de Allariz, participaron 150 mulleres de ámbitos rurais que recompilaron os usos e tradicións das diferentes herbas medicinais da zona, realizando fotografías destas e colgando toda esta información nun blog. Deste modo, estes coñecementos transmitiranse ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia colaborou de forma activa na convocatoria do certame ao terse adherido ao mesmo, no marco da Estratexia Galega para a Sociedade da Información, co obxectivo de incentivar a participación no concurso nesta Comunidade Autónoma.
O resultado é que Galicia foi a segunda comunidade autónoma máis activa desta segunda convocatoria: das 88 candidaturas presentadas, 16 son galegas, e foron promovidas a través da rede de Centros de Dinamización da Sociedade da Información. En total, máis de 260 maiores galegos están adquirindo novas habilidades no uso de Internet e do ordenador grazas a estas accións. A nivel estatal as actividades impulsadas por Maiores cON Iniciativa achegou as novas tecnoloxías a preto de 4.000 persoas maiores de dez comunidades autónomas diferentes.
Xunto coa iniciativa de Allariz, Galicia concorreu á final nacional con outros dous proxectos: Memoria de Muller de Ribadeo, do Centro de Dinamización desta localidade no que participaron cinco mulleres que relatan en varias gravacións audiovisuais aspectos persoais, sociais e culturais da súa vida, mesturados con imaxes e música; e o blog Bergantiños: pasado e presente, do Centro de Dinamización de Carballo no que un grupo de maiores plasmaron as súas vivencias, recordos e tradicións relacionadas coa súa terra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?