O buscador de Internet Yahoo! maila rede social Twitter, dúas aplicacións que van respectivamente á sombra de Google e Facebook na Rede, veñen de asinar un acordo de colaboración global polo que integran as actualizacións en tempo real dos máis de 600 millóns de usuarios que ten Twitter nos sitios de Yahoo!. Concretamente, esta alianza virtual permitirá que os internautas poidan ver e escribir tweets (mensaxes de 140 caracteres creados polos usuarios de Twitter) directamente nos sitios web de Yahoo!, así como publicar as súas propias mensaxes de Twitter sen sair do portal. Os responsables do buscador afirman que este acordo enmárcase dentro do obxectivo de Yahoo! de ser “o centro da vida online das persoas, e de ofrecerlles información relevante a nivel persoal de todas as fontes de Internet”, e únese ao asinado recentemente con Facebook, a outra gran rede social por excelencia. Estes acordos, segundo afirman os responsables de Yahoo!, transformarán ao buscador “nunha experiencia social persoalizable” que lle permite aos usuarios unificar a actividade de todas as súas experiencias sociais en Internet sen ter que ir abrindo unha e outra ferramenta. A compañía, asemade, planea mostrar procuras en tempo real de tweets ordeados por categorías como deportes, entretenemento e finanzas a finais deste ano, porén iso dependerá de como evolucione este novo servizo de dubidosa utilidade. Malia que Yahoo! non quixo comentar os termos financieiros do acordo asinado con Twitter, algunhas fontes aseguran que Microsoft e Google pagaron conxuntamente un total de 25 millóns polo dereito de incluir datos de Twitter nos seus resultados de procuras.
Yahoo! alíase con Twitter para ofrecer as súas actualizacións en tempo real
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Vitae móstranos como acelerar o Excel 365 con IA
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Unha de cada catro empresas galegas con dez ou máis persoas empregadas utiliza intelixencia artificial
- O VI Encontro CIBER.gal, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro na Cidade da Cultura, abriu o prazo de inscrición
- A Xunta destaca o papel das telecomunicacións como ferramenta para garantir a seguridade das persoas e do territorio
- A Xunta pon en marcha a décimo quinta edición de Tecnólog@ por un día para achegar as profesións dixitais ao alumnado galego
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter