Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixanova e Ineo presentan os resultados da súa iniciativa de implantación TIC no comercio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixanova e Ineo presentan os resultados da súa iniciativa de implantación TIC no comercio

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ineo_e_caixanova_comercio_tec.jpgA Fundación Caixanova e a Asociación Ineo presentaron hoxe en Vigo os resultados do proxecto Comercio TEC e máis as boas prácticas derivadas da experiencia piloto levada a cabo ao abeiro da dita iniciativa nos comercios galegos. O acto, que se desenvolveu no Centro Social da entidade financeira, contou coa presenza activa de María Nava Castro, directora xeral de Comercio, quen fixo fincapé nas vantaxes de poñer as tecnoloxías da información o máis preto posible deste tecido produtivo galego, precisamente un dos obxectivos de Comercio TEC. Máis polo miúdo, e segundo explicaron os asistentes ao acto, trátase dunha iniciativa da Fundación Caixanova en colaboración con Ineo que xorde de diversos estudos levados a cabo pola caixa galega co obxectivo de tomarlle o pulso ao devandito sector produtivo, tratando de localizar as súas necesidades e carencias TIC máis salientables.
O programa diríxese polo tanto a facer fronte a algúns dos atrancos detectados grazas ao estudo, como por exemplo “a escasa concienciación da necesidade de acceso e as oportunidades que achega a Sociedade da Información, amais do déficit nas infraestruturas básicas de acceso á Rede en comparación coa media de Europa das empresas do sector do comercio en Galicia”.
O proxecto, apoiado polos fondos europeos FEDER e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), foi deseñado en dúas fases, a primeira delas centrada na análise das necesidades concretas das empresas do sector a través dunha enquisa efectuada a máis de 100 comercios e varias mesas de traballo. Os resultados, sinalan os autores do estudo, permitiron desenvolver un modelo ideal de aplicación de canles dixitais.
Polo que atinxe á segunda fase, dicir que este modelo ideal foi finalmente implantando nunha proba piloto na que participaron sete firmas de Galicia coa finalidade de probar e de mellorar coas súas demandas as ferramentas e solucións tecnolóxicas deseñadas. Amais disto, púxose a disposición de tódalas empresas interesadas na web da iniciativa unha ferramenta de autodiagnóstico que posibilita unha análise doada das necesidades TIC de cada empresa, obtendo logo as solucións tecnolóxico-dixitais do mercado que mellor lle acaian ás súas demandas específicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?