Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a Rede WiMAX aos polígonos industriais de Arzúa e Meaño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a Rede WiMAX aos polígonos industriais de Arzúa e Meaño

Raquel Noya
Publicado: 01/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Proseguindo co seu labor de levar Internet de alta velocidade a tódolos polígonos industriais de Galicia, a Xunta fará posible que, en breve, os empresarios e empresarias dos polígonos de Arzúa e Meaño poidan dispoñer de acceso á Rede para a súa actividade diaria, algo que na sociedade actual se converteu xa nunha ferramenta imprescindible para competir no mercado en igualdade de condicións.
Xa que logo, estas dúas áreas industriais disporán de Rede WiMAX para acceder á banda larga a partir de mañá martes, 2 de marzo, posto que ámbolos dous se incorporan ao proxecto WiMAX en polígonos industriais e parques empresariais que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica no noso país.
A intención do executivo é paliar as carencias no acceso a Internet de banda larga nestes puntos xa que, segundo afirman, “as deficiencias no acceso a unha Rede de calidade nestas zonas provocan unha diminución considerable na capacidade das empresas alí radicadas para competir no mercado actual”.
A incorporación a esta iniciativa do Parque Empresarial de Arzúa e do Polígono Industrial de A Pedreira, no Concello de Meaño súmase a outros 25 parques da Comunidade que xa tiñan operativa a citada rede e, segundo informan dende a Xunta, “outros sete parques empresariais e polígonos industriais incoroporaranse ao proxecto nos vindeiros meses”.
O obxectivo deste proxecto é solucionar o acceso a Internet das diferentes empresas situadas nestes emprazamentos mediante unha actuación que conta cun orzamento de 4,8 millóns de euros, e que, sufragada en parte por fondos FEDER, se iniciou xa en febreiro de 2008. Neste sentido, a implantación da WiMAX –rede que permite a transmisión de datos empregando ondas radioeléctricas– permitirá aos polígonos arranxar unha grave carencia ao tempo que dotará as diferentes zonas dunha gran capacidade de atracción para acercar novas empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?