Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro galego Gradiant colabora nun proxecto para a localización inmediata de pacientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro galego Gradiant colabora nun proxecto para a localización inmediata de pacientes

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/03/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

lobin_gradiant_2.jpgSeguimos a dar conta de aplicacións prácticas das novas tecnoloxías da información no eido sanitario, un eido que atopou nos diferentes elementos do ámbito dixital diversas maneiras de mellorar a calidade de vida dos doentes e, a maiores, o propio traballo do persoal médico. Disto trata, precisamente, o proxecto Lobin, unha iniciativa na que está a traballar activamente o centro galego Gradiant e que en liñas xerais consiste no deseño e posta en marcha da tecnoloxía precisa para minimizar ata o impensable o tempo que se emprega decote en atopar un paciente. Esta tecnoloxía, que está en fase de aplicación e análise no Hospital de La Paz de Madrid (onde se traballa dando servizo e atención a cinco doentes durante as 24 horas do día), coñécese co nome de LOBIN: Localización e Biomonitorización a través de Redes Inalámbricas en Entornos Hospitalarios.
O sistema, unha estrutura básica de localización, está baseado no emprego de camisetas intelixentes (que se poden lavar e que achegan varias funcións) equipadas con sensores e-Textile integrados que rematan coa situación estática do ingresado ao transmitir sen a necesidade de fíos un ECG (que non é outra cousa que un electrocardiograma), datos sobre a respiración, a temperatura, a posición relativa do doente (de pé ou descansando), o seu índice de actividade física e posición espacial.
lobincaptura3.jpg“A comunicación”, informa o centro Gradiant, “lévase a cabo a través dunha rede en malla sen fíos que posibilita a asociación de dispositivos, sobre a base do estándar de comunicacións de curto alcance chamado Zigbee”. O que se buscou, polo tanto, era unha alternativa ao ben coñecido GPS, tecnoloxía que non achegaba as características requiridas ao non funcionar de maneira óptima en espazos pechados, informan os responsables do proxecto. Amais disto, cómpre engadir que Zigbee achega consumos de enerxía máis baixos có GPS, sendo neste caso específico máis eficaz e rendible.
O equipo conta cun sistema seguro de información dende o que se leva a cabo o control dos pacientes e máis outras funcións importantes como a emisión de alarmas en caso de que a persoa que se monotoriza saia do emprazamento físico do centro hospitalario, o rexistro continuo do ECG ou ben detección en tempo real de arritmias ou taquicardias.
Polo que se refire ás empresas e entidades públicas que participan no proxecto, dicir que o deseño da plataforma de xestión e a interfaz corre a cargo de Simave (empresa que centra unha boa parte do seu traballo na integración de sistemas en diversas eidos das TIC), o hardware de comunicación e os dispositivos Zigbee veñen da man de Nlaza (firma do ámbito dos sensores sen fíos) e os protocolos en rede foron obra do Grupo de Tecnoloxías de Rede do Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade Carlos III de Madrid.
Por certo que o centro galego Gradiant, espazo de investigación situado en Vigo, centrou (grazas ás achegas dos seus especialistas en redes de sensores) unha boa parte do seu labor na localización en interiores, “triangulando a posición do doente a través das mensaxes que intercambian os dispositivos Zigbee”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?