Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Sobroso Party chega á súa sétima edición con capacidade para 300 internautas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Sobroso Party chega á súa sétima edición con capacidade para 300 internautas

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sobroso_party.jpgO mes de marzo vén completiño no que a xuntanzas informáticas para a mocidade se refire. Se neste mesmo medio informamos de Xuventude Galicia Net e da apertura do seu proceso de inscrición, agora toca facelo dunha party menos encamiñada a xuntar multitudes pero en termos cualitativos igual de salientable polo que ten de afianzamento da comunicación arredor da informática e os seus segredos. Estamos a falar da Sobroso Party de Ponteareas, un evento que este ano vai pola súa sétima edición (que en termos de Rede é unha longa experiencia) e que ofrecerá entre os días 26 e 28 de marzo todo tipo de actividades e recursos para que á mocidade deste concello pontevedrés e do resto de Galicia non lle quede ningún detalle da sociedade dixital por descubrir. A xuntanza, que ten un prezo de 18 e 12 euros (adultos e menores de idade), desenvólvese este ano co obxectivo de reunir a uns 300 participantes. Segundo informan os organizadores do encontro informático (os responsables do Departamento de Informática e Comunicación do Concello de Ponteareas), non haberá límite de idade para concorrer activamente na party.
O prezo inclúe:
– Un posto na sala de ordenadores con conexión eléctrica e de rede.
– Almorzo sábado e domingo.
– Cea Sábado.
– Chocolatada.
– Refrescos e auga mineral durante as 48h.
– Camiseta Oficial da Sobrosoparty.
– Participación nos concursos, relatorios e sorteos
Por certo que o prazo de inscrición para participar na xuntanza xa está aberto, e só é preciso formalizar a preinscrición e logo de recibir un correo da organización onde se dá conta dos pasos a seguir, levar a cabo o pagamento e a inscrición propiamente dita. Para calquera dúbida pódese consultar cos responsables da xuntanza por correo electrónico.
Pódese seguir a preparación do encontro na propia web do mesmo ou ben a través das redes sociais Facebook, Twitter ou ben no foro oficial. Dende a organización, animan aos internautas a comentar calquera suxestión que se lles ocorra para acadar a mellor edición 2010 da Sobrosoparty posible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?