Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade da Coruña aposta polo emprego de blogs como ferramenta de ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade da Coruña aposta polo emprego de blogs como ferramenta de ensino

Raquel Noya
Publicado: 04/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Blogs_na_UCoruna.jpgA Unidade de Investigación sobre Arquitectura do Departamento de Composición da Universidade da Coruña leva catro anos empregando os blogs como ferramenta de apoio á docencia, cuns resultados moi satisfactorios en canto a eficacia no ensino e cunha aceptación moi boa por parte do alumnado. En concreto, a materia Introdución á Arquitectura, que se imparte no primeiro curso da titulación en Arquitectura, emprega o blog iala0910, unha ferramenta didáctica, útil e eficaz para alumnos e profesores, que permite, segundo informan dende a entidade académica, “unha maior comunicación e fomenta a capacidade crítica e expresiva, ademais de ser unha posible forma de avaliación continua”.
Os responsables desta ferramenta en liña aseguran estar a detectar, ano tras ano, “que os douscentos alumnos que ingresan anualmente perderon a actitude participativa de outros tempos”, porén, aseguran que “o alumno de primeiro curso chega cun maior coñecemento das novas tecnoloxías, ferramentas e aplicacións vencelladas a sistemas informáticos e a Internet”, algo que permite empregar os blogs como ferramenta de ensino-aprendizaxe de maneira moi eficaz e cuns resultados moi satisfactorios.
Tal e como se expuso nos Congresos Internacionais de Educación Universitaria realizados nos últimos anos en Xirona e Vigo, o blog de Introducción á Arquitectura (ao igual que tódolos blogs empregados no entorno educativo) é asemade unha excelente ferramenta de avaliación contínua, que co tempo pode chegar a substituir aos modelos de ensino tradicional, presentándose como unha alternativa docente a ter en conta no inminente Espazo Europeo de Educación Superior.
Segundo informa o profesor Antonio S. Río Vázquez, un dos encargados do devandito departamento, “actualmente, a educación no noso país non avanza ó mesmo ritmo que o fai a tecnoloxía, como avisan desde a Unión Europea”, “con todo”, engade, “a rapidez das innovacións tecnolóxicas apenas permite que poida disporse da perspectiva necesaria para ter en conta as dimensións organizativa, social e cultural dos seus usos”.
Xa que logo, aseguran que a web 2.0 preséntase como un “espazo útil que permite un rápido proceso de axuste para todos: lugar dos usuarios, lugar de interacción, lugar social, lugar tecnolóxico, escenario onde conflúen usuarios, servizos, medios e multitude de ferramentas”, o que fai que o uso deste blog se encaixe á perfección no seu propósito de empregar un modelo de ensino máis aberto e participativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?