Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC afianza a súa aposta polas TIC en todos os ámbitos da actividade universitaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC afianza a súa aposta polas TIC en todos os ámbitos da actividade universitaria

Raquel Noya
Publicado: 04/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Enquisa_TIC.jpgA Universidade de Santiago de Compostela, que leva uns anos apostando forte por intensificar o emprego das TIC en todo o seu entorno, vén de facer públicos os datos extraídos da Sexta enquisa sobre o uso que os estudantes da USC fan das TIC, realizada a comezos do curso, e o que máis chama á atención é que o 87 por cento dos estudantes dispón de ordenador propio, cunha taxa de acceso a Internet do 94 por cento, dous datos que mostran a boa aceptación que teñen as novas tecnoloxías e Internet entre todo o alumnado.
Esta enquisa, que permite comprobar en que medida se están a cumprir as liñas estratéxicas que a USC fixou en materia de novas tecnoloxías, revelou asemade que oito de cada dez alumnos navegan diariamente pola Rede e que o 85 por cento dos estudantes matriculáronse por Internet no pasado ano.
Estes datos reflicten o uso intensivo da Rede e das novas tecnoloxías que se está a dar entre o alumnado da entidade académica, a cal rexistra máis de 13.000 usuarios da Rede sen fíos e recibe preto de catro millóns de visitas anuais na súa web.
Os algo máis de 1.300 estudantes consultados foron interrogados sobre equipamento e conectividade, usos de Internet, telefonía móbil, redes e servizos, coñecementos e formación dos alumnos ou sobre a percepción que teñen das TIC, entre outras cuestións, e os resultados non puideron ser máis satisfactorios para os responsables da Área TIC.
A USC, que na actualidade se atopa, segundo asegurou o seu reitor Senén Barro, “nun ambicioso proxecto de e-administración”, é a responsable da rede sen fíos máis importante de Galicia e unha das primeiras no ámbito nacional, tanto por número de usuarios como por conexións; isto unido á súa aposta pola xestión administrativa a través de Internet tradúcese nunha boa percepción da entidade por parte dos propios alumnos e alumnas, os grandes protagonistas da enquisa, os cales, acordes aos tempos, reclaman “novos medios e formación nas tecnoloxías e servizos de Rede”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?