Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Brión achégalle á veciñanza unha canle de TV en liña para promover o concello
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Brión achégalle á veciñanza unha canle de TV en liña para promover o concello

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

briontv.blogspot.com.jpgO Concello de Brión prosegue o seu camiño dixital a paso firme. Se hai pouco falamos nesta web das 70.000 visitas que acadaron as súas páxinas municipais agora toca retomar a súa andaina tecnolóxica para dar conta do seu novo proxecto, unha iniciativa a medio camiño entre o audiovisual e o informático dirixida a abranguer o máis participativo dos dous mundos. Estamos a falar de BrionTV, un novo portal web destinado a amosar o máis salientable (turística, social, humana e economicamente falando) do concello coruñés perante a comunidade internauta A proposta, que se articula arredor de vídeos sobre Brión, abrangue todo tipo de temáticas, dende as culturais ás deportivas, pasando polo relacionado coas infraestruturas e a vida cotiá dos seus habitantes, sinala Julio Mallo Nieto, técnico municipal de novas tecnoloxías.
BrionTV, posta en marcha hai ben pouco, xa conta coa súa primeira escolma audiovisual, doce vídeos de presentación que en breve completaranse coas achegas que vaian facendo as veciñas e veciños de Brión, “así como calquera internauta que teña unha gravación relacionada co municipio”. Con estas achegas, engade o Concello, procurarase crear un arquivo de vídeos locais que, a longo dos anos, “constituirán de seguro unha riqueza dixital de gran valor”.
Calquera persoa que queira ver os seus vídeos habilitados en BrionTV, blog ao que se pode acceder tamén dende a web municipal, só terá que cubrir o formulario existente no caderno. O único requirimento técnico a cumprir é que a gravación teña que estar subida a Youtube, xa que polo de agora a plataforma só admite vídeos destas características.
A día de hoxe, BrionTV conta cun total de 12 entradas: catro relacionadas coa paisaxe brionesa (as Torres de Altamira, a capela de Santa Minia, os muíños do municipio e San Xulián de Bastavales), tres sobre deportes (sobre partidos do Bastavales), dúas sobre mocidade e a súa viaxe a Valencia, dúas de infraestruturas (sobre o estado do IES de Viceso e un paseo pola AG-56) e unha de festas (coa ximcana da Festa do Cabalo 2009).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?