Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno rematou a dixitalización de tódolos rexistros civís municipais de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno rematou a dixitalización de tódolos rexistros civís municipais de España

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rexistro_civil_dixital.jpgOs responsables do programa Rexistro Civil en Liña de Red.es (Ministerio de Industria) veñen de anunciar a dixitalización de tódolos arquivos deste tipo de documentos, traballo que abrangueu a totalidade do Estado e que supuxo, informan os coordinadores da iniciativa, un total de 110.210 tomos manuscritos e 68.197.976 páxinas que se atopan arestora en formato dixital. Para Red.es, o principal obxectivo deste labor foi axilizar a mellorar a calidade e eficacia do servizo achegado polos Rexistros Civís e os Xulgados de Paz, evolucionando cara a un aprovisionamento da información máis moderno e transparente.
A iniciativa, que veu acompañada dun orzamento total de 128 millóns de euros, tira proveito do potencial das novas tecnoloxías (que acurtan a distancia entre a persoa e a información requirida) “e favorece o cumprimento do establecido na Lei de Acceso Electrónico, que recoñece o dereito dos cidadáns a relacionarse coa Administración por medios electrónicos”.
Grazas a este programa, informa Red.es, conseguiuse que outras institucións públicas como a Seguridade Social, a Dirección Xeral de Policía ou a Axencia Tributaria poidan ter acceso (previa autorización do cidadán) aos datos precisos para a tramitación dos seus procedementos. Por certo que o vindeiro paso a seguir neste proceso de dixitalización é o Rexistro Civil Central, que dispón de máis de 10.5000 tomos e que servirá, unha vez envorcado en discos duros, para obter unha base de datos completa de cara ao desenvolvemento do novo Rexistro Civil de Servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?