Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Telecentro de Xornalismo en Santiago acolleu un curso sobre busca de información nas bibliotecas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Telecentro de Xornalismo en Santiago acolleu un curso sobre busca de información nas bibliotecas

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

040310PAS.jpgO Telecentro de Comunicación da Facultade de Xornalismo acolleu os días pasados un curso de alfabetización informacional nas bibliotecas universitarias dirixido a fornecer entre o alumnado un nivel óptimo de eficacia e precisión no labor cada vez máis enleado da procura de datos. A actividade, que se desenvolveu esta semana, rematou este xoves con “gran éxito de participación”, informan os responsables do curso e do Telecentro, que viron como a cifra de solicitantes superou, con moito, as 20 prazas ofertadas.
As accións formativas foron dirixidas especialmente a persoal bibliotecario da Universidade de Santiago. No evento participou activamente a subdirectora de Servizos da Universidade da Laguna, Carmen Julia Hernández, quen lles achegou aos alumnos recursos de utilidade para rendibilizar ao máximo o seu traballo de xestión e procura de coñecemento.
Nisto precisamente consiste a alfabetización informacional, un método de traballo que se apoia en adquirir a capacidade de saber cando e por que se necesita información, onde atopala e como avaliala, usala e comunicala. A gran diferenza deste modelo de traballo perante outros precedentes nas bibliotecas baséase na extensión dos obxectivos da alfabetización informacional cara a competencias novas como a avaliación dos recursos, a comprensión, o emprego e a comunicación dos datos.
Esta actividade formativa insírese no programa de iniciativas do Centro Multimedia de Galicia para contribuír á formación de futuros profesionais “e potenciar o sector audiovisual e multimedia galegos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?