Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A reforma do Colexio Médico da Coruña apoiarase na aposta polo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A reforma do Colexio Médico da Coruña apoiarase na aposta polo dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Presentación dos traballos de renovación fotografada por El Correo Gallego
Presentación dos traballos de renovación fotografada por El Correo Gallego
A medicina galega estará en breve máis preto da vida dixital. Máis polo miúdo a través dun colectivos profesionais que a representan, o Colexio Oficial de Médicos da Coruña, que se reuniu onte na súa sede de Compostela, en San Pedro de Mezonzo, para asumir a nova comunicación que imprimen as redes como instrumento fundamental da súa posta ao día. Así nolo fai saber El Correo Gallego, que estivo na asemblea da xunta directiva e que tomou nota da arela de modernización dos integrantes do Colexio, entidade nada en 1974 e agora inmersa nun proceso salientable de reforma. Esta, informaron os membros do Colexio, consistirá basicamente en facelo máis operativo, máis en liña, e en dotalo a través das ferramentas tecnolóxicas e de participación nun ente de maior funcionalidade. A idea, apuntaron, é evitar que se converta nun órgano obsoleto, e con máis razón aínda se temos en conta que se trata dunha das sedes máis importantes de España dentro da súa profesión.
O proceso de reforma da entidade, que conta con 5.500 colexiados, estenderase ao longo de 8 meses (a partir de abril). Os traballos chegarán á remodelación do emprazamento colexial na cidade de Santiago, que terá nova sala de xuntas e novo salón de actos amais de espazos multifuncionais para os membros da entidade e unha sala de informática. A idea é contar co equipamento preciso para achegar comunicacións por videoconferencia e formación en liña sen que sexa preciso botar man de recursos e servizos externos. O orzamento desta reforma será duns 500.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?