Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A TDT chega xa en exclusivo a 15 millóns de españois
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A TDT chega xa en exclusivo a 15 millóns de españois

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tdt_2-2.jpgSe hai unha tecnoloxía das comunmente incluídas no paquete TIC da que se fale nos últimos tempos é sen dúbida a Televisión Dixital Terrestre. A cousa non é para menos: implicounos a todas e todos, quixerámolo ou non, a diferenza doutras canles TIC máis optativas ou ben (por caras ou escasas ou enleadas) máis inaccesibles. Segundo as diferentes administracións implicadas no proceso de adaptación dunha tecnoloxía (a analóxica: o sinal de TV de toda a vida) a outra (a dixital: a do decodificador e os cadradiños das deficiencias na recepción), os esforzos levados a cabo foron ben grandes e os froitos recollidos están á súa altura. O balance máis recente chéganos do Ministerio de Industria, máis polo miúdo da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, que entre outras cousas vén de contabilizar máis de 15 millóns de cidadáns (case o 32% do total) de 3.900 concellos (case a metade do total) de todas as comunidades autónomas beneficiándose xa do cese de emisións en analóxico e da recepción en exclusiva da TDT.
O departamento do Goberno recordou durante a achega do seu informe que a derradeira fase dará comezo o vindeiro 10 de marzo para os proxectos que fican pendentes no peche da transición, indicando tamén que este troco dunha tecnoloxía por outra veuse desenvolvendo de xeito progresivo para darse por rematado no 3 de abril.
“O proceso de transición á TDT é un proxecto de gran complexidade técnica e cunha importante dimensión social”, engade o Goberno, “dado que a cobertura da televisión analóxica roldaba o 98,5% da poboación, e o 97,1% dos fogares españois recibe a televisión por ondas terrestres, fronte ao 41% da media europea”. Polo que respecta á cobertura da TDT, dise no balance, o sinal da TDT chega xa ao 98% da poboación, situándose o 90,5% dos fogares españois en disposición de ter acceso ás novas canles (o 7,5% restante da primeira taxa aínda non habilitou un decodificador ou levou a cabo as modificacións precisas na súa antena).
Asemade, sinálase, o 99% dos fogares do Estado asegura coñecer o novo sistema de emisión audiovisual. Polo que atinxe á cota de pantalla, a televisión dixital vai alén da analóxica en máis de 44 puntos. “En concreto”, puntualízase, “a cota de pantalla da TDT sitúase no 61,4% fronte ao 17,4% da televisión analóxica, correspondendo a porcentaxe restante á televisión por cable, satélite e ADSL”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?