Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal de aprendizaxe chinés-galego, entre os máis valorados da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal de aprendizaxe chinés-galego, entre os máis valorados da Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

chinese_course.jpgAprender chinés, por dicilo dalgunha maneira, debe ter o seu. De aí a pensar que o coñecemento mínimo desta lingua require recursos de xeito non hai máis que un paso. De pouco vale unha web expositiva ou un blog introdutorio sobre as vantaxes de saber o devandito idioma (moitas dende o punto de vista cultural e unha chea de las dende o económico e empresarial). Para a Consellería de Educación, o portal que impulsa a prol á aprendizaxe de chinés cumpre os requirimentos para ser eficaz e mesmo para ir alén diso. Para certificalo, o departamento da Xunta salienta o feito de que www.chinesecom.eu (así se fai chamar a páxina en cuestión) atopase acubillo entre os catro cursos en liña desta lingua máis valorados polo principal buscador da Rede a nivel internacional, sendo ademais “un dos máis visitados”.
Un dos puntos máis salientables da web, que contou coa participación da Dirección Xeral de Educación, reside en que se trata da primeira en achegar un curso de chinés-galego e en confirmarse como a única da súa natureza (cunha lingua minoritaria de por medio) no contorno europeo. Asemade, non se limita a fornecerlle á comunidade internauta unidades de aprendizaxe (un total de dez) senón tamén datos sobre a cultura do país asiático, favorecendo ao coñecemento do mesmo entre os nosos cidadáns e as nosas empresas, nos últimos tempos moi interesadas en colaborar con compañías chinesas na achega (por pór un exemplo) de alta tecnoloxía.
Chinesecom, informa a Xunta, desenvolveuse a través dun proxecto desenvolvido dentro do marco do programa Lifelong Learning, da Unión Europea, e nel participaron socios de seis países europeos, ademais dunha universidade de Pequín. “O éxito”, engade a Dirección Xeral, “débese en gran medida ao carácter innovador do mesmo, que incorpora abundantes recursos multimedia dunha gran calidade, e ao importante esforzo que vén realizando para a súa difusión internacional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?