Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A derradeira fase do apagamento analóxico na nosa terra comeza este mércores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A derradeira fase do apagamento analóxico na nosa terra comeza este mércores

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apagamento_san_marcos-3caf6.jpgPara quen non o saiba, ben porque vive nunha zona de plena cobertura da TDT (e considera que o traballo xa está feito), ben porque lle segue dando uso ao analóxico dende unha zona aínda non apagada pensando que vai durar sempre (e o conto vai camiño de ir rematando), aínda queda por facer no despregamento da Televisión Dixital Terrestre na nosa terra. Segundo informa a Secretaría Xeral de Medios (ente responsable destes traballos a nivel galego), os traballos finais para o espallamento definitivo da TDT na nosa xeografía darán comezo esta mesma semana. Esta derradeira fase, a terceira, do apagado analóxico arrancará o mércores 10 de marzo para rematar o vindeiro 2 de abril, abranguendo a preto de 1.300.000 galegas e galegos. Co remate desta terceira etapa dos labores, a desenvolver nas áreas técnicas de Domaio (unha boa parte de Pontevedra e cinco concellos da Coruña) e Páramo (unha boa parte de Lugo), a poboación galega terá acceso exclusivo á televisión dixital, significando este feito o adeus definitivo ao sinal antigo que todos coñecemos: o analóxico.
Lembrar que as fases I e II do apagamento realizáronse en Galicia do 18 de xaneiro ao 1 de febreiro e afectaron a 1.550.000 galegos, o 56% dos cidadáns do país, pertencentes a 203 concellos. Os traballos a desenvolver ao longo desta semana virán acompañados das tarefas consultivas de costume por parte da Secretaría Xeral, que seguirá a manter as canles habilitadas as pasadas semanas para resolver as posibles dúbidas da cidadanía acerca da implantación da nova tecnoloxía. Así, ficará activo o teléfono de atención 012. Neste senso, e co fin de que o paso dunha plataforma a outra sexa o máis fluído e doado posible, a Xunta recoméndalles aos cidadáns implicados na última fase do despregue que non agarden ata o último día para adaptar a súa televisión á tecnoloxía dixital. É dicir: recoméndalles que teñan feitas as adaptacións precisas na súa antena e que conten co decodificador que posibilita a recepción axeitada do sinal.
Para máis información sobre o traballo a desenvolver e as áreas que abrangue o mesmo, a Xunta habilitou un documento coa información pormenorizada sobre as etapas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?