Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web Yporquenosolo convida á viaxe por conta propia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web Yporquenosolo convida á viaxe por conta propia

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

yporquenosolo.jpgHai iniciativas ás que lles senta Internet coma unha luva. Neste amplo feixe de propostas do máis variado que non poderían case nin existir sen o poder de convocatoria da Internet atópanse sen lugar a dúbidas os recursos en liña relacionados coas viaxes e co turismo, dous eidos de actividade que nin sequera se esgotan nas páxinas persoais ou corporativas onde participan parellas ou grupos, senón que tamén lle achegan potencial a quen concorre só. De internautas e viaxeiros a título individual é do que trata Yporquenosolo.com, páxina web sobre as amplas posibilidades de non agardar a que apareza un/unha acompañante para botarnos ao camiño (ofrece plans de viaxe para persoas que non se coñecen entre si) e que vén de facer reconto de éxitos sobre a actividade deste ano e o anterior. A páxina, face visible da axencia do mesmo nome, é visitada cada ano por máis de 300.000 persoas e conta con arredor de 45.000 internautas rexistrados recibindo cada pouco o seu boletín de noticias.
A proposta, informa o seu creador, Santiago Rey, baséase na súa propia experiencia persoal, que logo dunha ampla experiencia organizando itinerarios para diversos grupos foi quen de descubrir que os que “mellor funcionaban” eran os colectivos integrados por viaxeiros sen relación previa algunha. A cousa, informa, comezou promovendo excursións pola Serra de Madrid e arestora xa se aplica a filosofía do viaxeiro pola súa conta a todo tipo de desprazamentos internacionais. Segundo apunta Rey, o 60% das persoas que foron convocadas a través da web para participar nunha actividade desta índole repetiron experiencia. O único requirimento para formar parte dunha destas viaxes é acudir só/soa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?