Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Galipedia cumpre sete anos achegando coñecemento libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Galipedia cumpre sete anos achegando coñecemento libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galipedia-b2e4e.jpgA cultura galega na Rede está de celebración. A Galipedia, versión da enciclopedia en liña Wikipedia no noso idioma, cumpriu sete anos de vida este 8 de marzo. Segundo fan saber os responsables desta importante fonte galega de coñecemento e se fan eco webs como a de Vieiros e Chuza!, a iniciativa xa deixou atrás a liña dos 56.200 artigos e dos 17.000 usuarias/os (dos que máis de 300 atópanse en plena actividade), o que sitúa á Galipedia no número 41 das versións dispoñibles, un total de 271. A feitura galega da Wikipedia, que se supón creada polo usuario Agremon (Antonio Gregorio Montes), ten como principal finalidade a de afondar no coñecemento universal a través dunha óptica nosa, dispoñéndose en espazo aberto á colaboración que pretende ser tamén unha xanela para coñecérmonos, dende fóra e dende dentro.
Amais do impulso achegado polo devandito usuario Agremon, a Galipedia contou para o seu fortalecemento coa contribución de internautas galegos como o mestre Miguel Bugallo, un dos máximos impulsores desta iniciativa dixital en continuo proceso de espallamento. Segundo os usuarios que lle dan corpo e fondo, a Galipedia destaca polo bo ambiente que se vive na comunidade creada ao seu abeiro, un colectivo que abre as súas portas a tódalas persoas que queiran colaborar e sen que sexa preciso dispor de grandes coñecementos de informática ou tecnoloxía. O medre desta fonte de información en liña baséase na colaboración dos seus editores, o que posibilita a creación dunha ponte entre a Galiza tradicional e a das novas tecnoloxías que abrolla.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?