Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 229 persoas participan na cata de viños por videoconferencia que se celebra este xoves dende Chantada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 229 persoas participan na cata de viños por videoconferencia que se celebra este xoves dende Chantada

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cata-270-2.jpgTal e como falamos o outro día, o noso xeito de achegármonos ao viño está a mudar a pasos axigantados, e iso que estamos a falar dun produto tradicional que se leva consumindo na nosa terra dende hai séculos sen grandes variacións. Malia que aínda é cedo para falarmos dun antes e un despois do 11 de marzo no que a cultura enolóxica galega se refire, o certo é que non tódolos días se mobiliza a unha rede de centros de acceso á Rede para dar conta das calidades dun produto a través de videoconferencia e con 229 persoas participando na actividade. Falamos da cata en liña de viños que se celebra mañá dende o Telecentro de Chantada e en comunicación directa co Centro Multimedia de Galicia (Santiago) e cos Telecentros de Oroso, Catoira, Carballo, Tui, Monforte e O Barco.
A actividade, inserida dentro da nova edición da Feira do Viño da dita localidade luguesa, desenvolverase entre as 20.00 e as 22.00 horas. Os obxectivos dos responsables destes puntos de acceso en liña e da dita celebración son duplos: por unha banda apoiar á Feira con tódolos recursos dixitais posibles e, pola outra, dar conta das moitas vantaxes de comunicación e promoción da videoconferencia. Segundo informan, tódolos asistentes a esta cata terán ao seu alcance o material preciso para a mesma, contando todos eles coa axuda e supervisión de Mar Vilanova, enóloga e investigadora do CSIC, quen dende o Telecentro chantadino será a encargada de abrir o acto e dar paso á cata guiada dos viños desa subzona, durante a cal todos os presentes poderán formular as súas dúbidas e experiencias, valéndose das vantaxes e posibilidades que lles ofrecen as novas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?