Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo contará cunha nova web para a comercialización de produtos do rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo contará cunha nova web para a comercialización de produtos do rural

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

courel-3.jpgAo innovador, pola súa feitura, xa se lle supón acubillo na Rede. O problema, ou o reto, está no tradicional. Disto, de ir ligando con éxito unha cousa (a Internet) con outra (as nosas actividades culturais e socioeconómicas de toda a vida), temos os galegos a día de hoxe un completo coñecemento. Porén, cómpre ir alén do acadado e seguir traballando no equilibrio total entre un elemento e outro. Nisto é onde semellan situarse as liñas máis recentes do programa europeo Lug02 (distintivo de calidade para establecementos da dita provincia), presentadas os días pasados por José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo. Os eidos de traballo a engadir, segundo se fai saber en Galicia Gastronómica, irían dirixidos a mellorar pola vía da innovación e as novas tecnoloxías a venda e promoción dos produtos das Reservas da Biosfera (Terras do Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón, Ancares) e Courel.
Máis en detalle, trataríase de dúas iniciativas a prol da competitividade das explotacións rurais das devanditas bisbarras, a primeira das cales inclúe a posta en marcha dunha canle de comercialización a través dun portal en liña nos que se darán a coñecer e venderán os produtos da provincia. Esta canle habilitarase ao acubillo da páxina web de Lug02, e non se limitará á comercialización senón tamén ao intercambio de puntos de vista e coñecemento acerca da venda e promoción dende as cooperativas.
A idea básica é que os usuarios poidan xestionar os seus produtos para logo presentalos para a venda nunha tenda en liña, co que se estaría a acurtar a distancia que separa a produtores de consumidores e, ademais, a liberar a canle comunicativa e distributiva dos axentes intermediarios que xeralmente encarecen as vendas. Polo que respecta á outra liña de traballo, dicir que se encamiña a optimizar a calidade dos artigos, tanto dende o punto de vista da hixiene e a presentación como no que se refire á distribución mesma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?