Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo sitúase no posto número nove de cidades afectadas polo bot Mariposa no eido estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo sitúase no posto número nove de cidades afectadas polo bot Mariposa no eido estatal

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bolboreta_grafica_cidades.jpgO bot Mariposa do que falamos o outro día con motivo da detención dos responsables da súa posta en marcha e espallamento (un deles residente en Santiago) volven estar de actualidade, desta volta para dar conta dos estragos causados na comunidade internauta logo do seu paso (aínda non concluído, por certo). O informe sobre estes datos vén da man de Panda Security, empresa que colaborou con diferentes corpos policiais no desmantelamento da devandita banda. Segundo fai saber a compañía, os bots en cuestión (programas dirixidos a distancia para a obtención de datos dos internautas) tiveron unha especial incidencia en Madrid, que resultou ser a cidade con meirande número de enderezos IP afectados polo programa, abranguendo máis da cuarta parte das infeccións en España. Tras ela, sitúanse Sevilla (10%) e Barcelona (6,5%). No posto número nove da listaxe cómpre salientar a presenza de Vigo, cun 1,15% de taxa de incidencia. Así ata completar unha relación de máis de 1.500 núcleos urbanos.
Isto polo que respecta ao eido do Estado español, porque a repercusión do programa tamén se fixo notar a nivel internacional, máis polo miúdo en 190 países e máis de 30.000 cidades diferentes. En total, os resultados globais amosan unha cifra de 13 millóns de computadores infectados co devandito bot. Segundo comenta Panda, “as meirandes taxas de repercusión rexistráronse en países onde ata o de agora a educación dos usuarios en materia de seguridade informática e prevención non foron unha prioridade; pola contra, noutros países onde si que se están a realizar este tipo de campañas o número de infeccións resultou ser moito menor, como no caso de Estados Unidos, Xapón, Alemaña ou Reino Unido”. Co fin de minimizar a incidencia de futuras infeccións, dende a empresa de seguridade informática recoméndanlle a tódolos usuarios da Rede a análise previa de cada computador co obxectivo de verificar a presenza (ou non) do dito bot. Para isto, poden empregar a aplicación en liña habilitada para tal efecto ou ben descargar o antivirus de balde Panda Cloud Antivirus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?