Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo favorecerá a introdución de Linux no eido da docencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo favorecerá a introdución de Linux no eido da docencia

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

linuxdentro.jpgO software privativo, de non explicarse por si só, conta coa axuda de departamentos e oficinas empresariais de promoción de todo o mundo para velar por el e informar do seu. De feito, se temos en conta o moito que ten falado Microsoft dos seus produtos e do seu espallamento en computadores de todo o mundo, xa case non son precisas máis explicacións sobre a natureza do software pechado. Porén, hai máis mundos-software, e algúns deles impulsados por voluntarios ou por empresas pequenas a moita distancia da capacidade informativa de Microsoft. De falar destas alternativas é do que trata a nova iniciativa de divulgación informática da Universidade de Vigo, Linux na docencia universitaria, un curso dirixido a explicarlles aos usuarios de Windows “que Linux lles ofrece as mesmas funcionalidades, ten un manexo igual de doado e, aínda por enriba, non custa ren”. A actividade, organizada pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, encamíñase sobre todo ao profesorado dos tres campus vigueses.
O prazo da matrícula ficará aberto ata o 29 de marzo e as clases impartiranse a comezos do mes de maio. Respecto ao programa do curso, dicir que consiste nunha visión o máis ampla posible sobre Linux, o sistema operativo aberto, abranguendo tódolos elementos básicos que son precisos para o seu emprego: instalación, configuración da contorna, xestión de arquivos, administración do sistema ou realización de copias.
Segundo informa a Universidade de Vigo, o curso celebrarase entre o 3 e o 10 de maio e estará impartido polo profesor Xosé Antón Vila Sobrino. O período de matrícula iniciouse o pasado 4 de marzo e (como dixemos) permanecerá aberto ata o día 29, podéndose formalizar a través da plataforma Bubela da Área de Posgrao Virtual. Ofertase un máximo de 20 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
Os interesados nesta acción formativa poden solicitar máis información no enderezo de correo electrónico formacion.profesorado@uvigo.es Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou no teléfono 986 813 596.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?