Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Campus galegos recollen móbiles en desuso para protexer os ecosistemas africanos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Campus galegos recollen móbiles en desuso para protexer os ecosistemas africanos

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/03/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

movilizate_pola_selva_copia.jpgQuen nolo ía dicir, vendo imaxes e informacións coma esta, que a tecnoloxía tamén ía servir para coidar do medio ambiente? Pois así parece ser, sempre e cando se canalice a súa explotación e aproveitamento como é debido. A tenor do que se conta estes días na web da Universidade de Vigo, hai unha tecnoloxía de comunicación ben concreta que pode contribuír á preservación dos ecosistemas africanos. Trátase dos teléfonos móbiles. A pregunta que nos podemos facer é: como pode ser isto de xeito directo? Pois é certo, de maneira directa, por exemplo dispoñendo teléfonos no propio ecosistema, sería ben difícil, e máis tendo en conta a cantidade de sustancias nocivas ás que dá acubillo. Pero a cousa cambia se ampliamos o punto de vista. A isto convídanos a Oficina de Medio Ambiente da Universidade, para quen está claro que a recollida de teléfonos en desuso pode compensar na sociedade avanzada a demanda de compoñentes como o coltán, un elemento que se extrae da natureza (igual có petróleo e os diamantes) e que ten especial presenza en países como a República Democrática do Congo.
Deste xeito, favorecendo a reciclaxe do dito compoñente para novos aparellos tecnolóxicos estariamos a darlle un respiro á sobreexplotación indiscriminada dos países africanos na procura do coltán, un proceso que vai camiño de arrasar importantes espazos naturais.
Segundo conta a Oficina, que colabora nunha campaña para a recollida destes trebellos co Instituto Jane Goodall (organización dirixida á preservación dos ecosistemas do dito continente), tan só en España están rexistrados 54 millóns de liñas de telefonía móbil, o que implica unha media de máis dunha liña por persoa, e ao que hai que engadir aqueles móbiles en desuso que todos temos e que son o obxectivo desta campaña solidaria. Así, baixo o epígrafe Mobilízate pola selva, a Oficina convida a tódolos usuarios galegos a achegar os seus aparellos nos colectores específicos habilitados nos tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra), sendo o obxectivo fundamental a reciclaxe das súas pezas (polo que sería secundario se funcionasen ou non). Con estas contribucións, as persoas que colaboren na iniciativa estarían a colaborar cos programas de conservacións levados a cabo en Congo polo devandito Instituto Jane Goodall, “como campañas de educación, de desenvolvemento sostible e de mantemento do Centro de rescate de chimpancés de Tchimpounga, pertencente ao instituto que leva o nome da conservacionista”.
Para quen queira fornecer á entidade co seu trebello en desuso, informar que xa se pode facer a partir de hoxe e ata finais do mes de xullo, no Campus de Pontevedra a través dos colectores situados na Facultade de Belas Artes e logo na EU de Enxeñería Técnica Forestal; no Campus de Ourense na Facultade de Ciencias e no de Vigo a través dun recipiente itinerante que percorrerá tódalas facultades. Arestora están dispoñibles xa os de Belas Artes e Ciencias e en Vigo na Facultade de Filoloxía e Tradución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?