Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A primeira cata por videoconferencia de España, celebrada dende Chantada, desenvólvese con éxito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A primeira cata por videoconferencia de España, celebrada dende Chantada, desenvólvese con éxito

Raquel Noya
Publicado: 12/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cata_por_videoconferencia.jpgPouco ou nada podían sospeitar os organizadores da primeira edición da Feira do Viño de Chantada, celebrada no ano 1983, que algún día esta festa chegaría a facer historia no noso país ao protagonizar a primeira cata de viños a través de multivideoconferencia de España.
O acto tivo lugar onte, xoves 11 de marzo, cando máis de 160 persoas participaron por videoconferencia nunha peculiar cata de viños celebrada dende Chantada, onde se celebraba xa a XXVIII edición da Feira do Viño, que foi seguida por sete Telecentros de Comunicación das catro provincias.
Desde o TC chantadino, a enóloga Mar Vilanova de la Torre, investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), foi a encargada de guiar aos asistentes na cata de viños da subzona da localidade: Viño do Fortes (branco), Quinta de Alborada (tinto) e Vía Romana (Tinto de barrica). Vilanova estivo acompañada polo responsable do TC, Segundo Navaza, moderador do evento; e por Roberto Iglesias Delgado, membro da Comisión organizadora da Feira do Viño de Chantada.
Esta iniciativa, pioneira en España, puido ser seguida desde os Telecentros de Comunicación de Oroso, Santiago, Catoira, Carballo, Tui, O Barco de Valdeorras e Monforte de Lemos, onde se deron cita, ademais dos participantes no acto, representantes das distintas corporacións municipais. Varios deses TC rexistraron máis solicitudes que prazas dispoñibles, o que dá conta do éxito que tivo esta peculiar actividade.
Todos os asistentes dispuxeron do material necesario para a degustación: mantel de cata, cuspideira, cataviños, sacarrollas, baetas, caldos… e despois da peculiar cata, sacáronlle partido ás vantaxes da videoconferencia para formularlle á enóloga as súas dúbidas e comentar as súas experiencias nesta materia.
Esta iniciativa desenvolveuse no marco da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), encargada de coordinar as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a Internet da comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?